Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 19 de outubro de 2010

A prohibición de dar as aulas en galego

O venres pasado tocoume presentar na sala de Exposicións Caixanova da Estrada a Alba Nogueira e Héctor López de Castro, dous dos autores do libro "Estudos xurídicos sobre o decreto para o plurilingüismo", editado por Laiovento. O acto foi organizado pola plataforma "Queremos galego!". Aproveito para vos invitar a ler o libro, que a pesar de ter unha temática árida, de ámbito lexislativo, os autores fixeron un esforzo por facer artigos con espíritu didáctico para facelo comprensible por todos.


Cibrán Arxibai, a prohibición de dar aulas en galego from A.C. Vagalumes on Vimeo.

Héctor López de Castro, avogado laboralista e membro do gabinete xurídico da CIG, fai un repaso do marco xurídico no que está inmerso o decreto de plurilingüismo, e fornécenos das razóns polas que éste entra contradicción con todas as leis dese marco. Durante a súa intervención lémbranos tamén como se desenvolveu a tramitación do decreto. Finalmente trata un dos aspectos máis conflictivos do decreto: que os pais determinen a lingua da aula mediante unha consulta.


Hector López de Castro, a prohibición de dar aulas en galego from A.C. Vagalumes on Vimeo.

Alba Nogueira, profesora de dereito adminsitrativo na USC, destripará o decreto de plurilingüismo e debulla os argumentos que os distintos autores foron achegando ao libro que se presentaba. Na súa intervención destaca as catro principais discrepancias entre o decreto de plurilingüismo e as normas de nível superior: primeiro, atenta contra a progresividade da implantación do proceso de normalización lingüística, segundo, implanta a exclusión dunha parte co currículo escolar, o uso do galego como lingua vehicular, en terceiro lugar, en infantil os nenos deben ser escolarizados na súa lingua materna e en cuarto lugar, incumple os compromisos da Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias  (CELRM).


Alba Nogueira: A prohibición de dar aulas na nosa lingua from A.C. Vagalumes on Vimeo.

Para ver máis achegas sobre o libro, pódense consultar os vídeos de Luís Villares no blogue da CENDL de Redondela, ou ben os da presentación de Lalín, do blogue de "Profes co galego": "Dar as aulas en galego: un compromiso social e legal"

Ningún comentario:

Publicar un comentario