Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 7 de outubro de 2010

Pinta unha lingua

Un bonito e coidado recurso. Simple, sen grandes pretensións, e moi ben presentado.
Cada lingua expresa unha maneira única e diferente de ver o mundo. Podes comprobalo desde esta aplicación da Casa de les llengües. Son 10 palabras (sombreiro, cadeira, casa, cidade, festa, flor, xogo, lingua, falar, eu) cada unha delas en 10 linguas. Trátase de facer un debuxo, colocarlle un fondo, e enviarlle o resultado por correo electrónico a un amigo coa idea de que adiviñe a partir do debuxo a palabra e a lingua que cho inspirou. Acertará?

Ningún comentario:

Publicar un comentario