Había algún tempo que non paseaba por Eufalo.TV. Alí atopei este último vídeo, de caralladas, onde catro oriundos de Vimianzo e de Coristanco, que viven en Santiago, A Coruña e Canarias comentan como a pesar de que todos eles viven e traballan en ambientes 100% galegofalantes, e de falarlles aos seus fillos en galego, os rapaces están aprendendo a falar en castelán. Por qué?
O propio autor aconséllanos escoitar con especial atención os minutos 8 (cando Carmen explica porque cre que a xuventude galega fala cada vez menos galego) e o minuto 14 (cando explican porque as súas fillas falan castelán malia ser educadas en galego na casa e na escola).
Ningún comentario:
Publicar un comentario