Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
martes, 5 de outubro de 2010
O decreto de bilingüismo, 30 anos despois
Despois de levar varios anos dando clase por Galicia adiante, Pepa Baamonde chega a Rois. Despois de impartir aulas durante un ano foi a primeira expedientada no ano 1980 por facelo en galego. Na altura estaba en vigor o chamado "Decreto de bilingüismo" que esixía, para que as clases fosen en "Lengua Castellana o Gallega", elevar unha solicitude ao Ministerio de Educación, acompañada de acta de claustro con resolución favorable á petición, idem da Asociación de Pais, plan pedagóxico fundamentado e relación do profesorado disposto a aplicar o plan. Aínda que se cumpriran todas estas condicións podía darse o caso, e douse na práctica, de que non fose concedida a gracia do permiso para falar galego na escola. Na práctica nin unha soa materia, nin unha soa hora de clase foi impartida pola vía do "Decreto de bilingüismo". Pola contra éste había de usarse xusto para o contrario, para a represión do profesorado "fanático" que "impoñía" o uso do galego (estou usando a terminoloxía da zunia da época, do ano 80).
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario