por Noela Rey Méndez, no Xornal:
Non se está a amosar excesivamente creativo o líder do PP balear Juan Ramón Bauzá. É máis, basicamente o que está a facer é copiar de maneira mimética o que lle funcionou a Alberto Núñez Feijóo para chegar á presidencia da Xunta. Que en Galicia se fala da imposición do galego, pois en Baleares alúdese á do catalán. Que os galegos propoñen que os pais elixan a lingua na que se educa os cativos, pois os insulares apúntanse á moda.
A Feijóo resultoulle a estratexia. Gañou os apoios dos militantes en Galicia Bilingüe e xuntounos ao seu grupo de votantes. Porén, Bauzá tampouco se debería de fiar moito deste suposto éxito. Pouco tempo despois de gañar as eleccións, o matrimonio de GB co PPdeG desfíxose porque a primeira considerouse enganada. Querían máis e o PPdeG non se atreveu a darllo. Aínda máis, o seu decreto do plurilingüismo, ao final, só lle gustou a Anxo Lorenzo e compaña, porque ao resto non lle resultou nada agradable. As manifestacións a prol do galego o demostran. Alerta, señor Bauzá.
Ningún comentario:
Publicar un comentario