Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 15 de outubro de 2010

O Don

Tamén se podería chamar o Don Aurelio Marcelino Rey García.
Éste é o nome do CPI de Cuntis. Mais, cando traballei alí chamabámoslle o Don, para abreviar.
Eu fun o xefe do departamento de normalización do Don un polo menos un par de anos. Menos mal que daquela non había blogues!
Pídovos, de todo corazón, que premades na ligazón, e que lle amosedes o voso apoio a esta xente. A razón é que "na lingua de todos", o blogue do ENDL do centro,  foi calumniado pola zunia reiteradamente e como (aínda) ningún responsable institucional saeu na súa defensa, na defensa da liberdade, cómpre que nós, os que somos verdadeiramente responsables e comprometidos coa normalización, lles mandemos unha aperta.
Porque teñen o don do amor polo galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario