por Noela Rey Méndez, periodista, no Xornal:
Avisados polo compañeiro de Política Miguel Pardo, onte en Xornal puxémonos mans á obra para poñer o noso gran de area e facer da palabra “galega” un dos trend topics (palabras máis utilizadas) do Twitter. Nunha hora víronse mensaxes de todo tipo. Para mostra, un pequeno botón: “Os galegos levamos twitteando dende hai case mil anos”, “Clint Eastwood recomenda ver as súas pelis na galega”, “Disque para conectar coa sociedade galega, o Papa vai repartir cartos en man, coma Piñeiro no Supermartes”, “O mundo sería un lugar mellor cunha empanada galega en cada casa”. Resultado: #galega foi a palabra do día en toda España.
Ningún comentario:
Publicar un comentario