Andrea Núñez, Xandra Santos, Lara Rozados, Laura Fernández e Raquel Rei forman As candongas do quirombo, un grupo que recolleu varias testemuñas para a elaboración do documental "A memoria da lingua". Sen sabelo eu xa deixei por aquí varios anacos deste documental ("Presos por cantar en galego", "O decreto de bilingüismo, 30 anos despois","A imposición do galego" e onte mesmo: "Sechu Sende: se cambias de língua cambias de vida"), e nos vindeiros días seguirei divulgando as súas excelentes entrevistas desde esta xanela. Aquí vai un adianto:
A memoria da lingua (trailer) from as candongas do quirombo on Vimeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario