por Cris Moss, no Xornal:
O grao de complexidade da comunidade galega no exterior é elevado en moitos ámbitos, mesmo na vinculación con Galicia. Así, os máis de 330.000 galegos que residen fóra, especialmente en Europa ou Sudamérica, adoptan actitudes diversas que poden variar dende a conservación da cultura galega ata o seu esquecemento.
Non é tan habitual que a emigración galega opte polo rexeitamento das súas orixes, ata o punto de facer campaña contra sinais de identidade de Galicia, coma o idioma. No entanto, si existen casos no que isto acontece, o último, nun Centro Galego de Perú a conta do debate sobre o uso das linguas cooficiais nas sesións do Senado.
Ante ese debate, dende este centro optaron por facer saber que consideran “ridículo” que na Cámara Alta se inclúan traductores de “lenguas nacionalistas” e, por iso, animaron, a través dun correo electrónico, a participar nunha enquisa sobre a cuestión en Internet. A finalidade, di, é “ayudar al español” ante os “separatistas”.
Alguns dos galegos da Diaspora loitan polo idioma e as costumes:
ResponderEliminarhttp://www.blogoteca.com/oterzodafala