A min non me gusta falar da zunia neste blogue, pero xa vai sendo hora de denunciar os burdos ataques que algúns lle fan á nosa lingua, que non son outra cousa que insultos á cidadanía galega.
O radicalismo é a palabra que mellor define a actitude de Carlos Negreira. Proclama sen vergoña ningunha que vai espallar o uso da forma ilegal *La Coruña para referirse á cidade pola que é candidado á alcaldía. Deste xeito atenta contra o consenso social que se acadara no seu día coa promulgación da Lei de Normalización Lingüística, a cal proclama que a única forma válida da toponimia de Galicia é a galega. Velaí o que é un que se reivindica defensor do bilingüismo: un radical que atenta contra as bases da convivencia pacífica establecida nas leis fundamentais con que nos dotamos os galegos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario