Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 18 de outubro de 2010

Hai que seguir!

Eu teño unha especial debilidade por Avelino Pousa Antelo.  Por iso, hoxe, xusto un ano despois da manifestación de Queremos Galego véñenme á cabeza as súas palabras nunha Quintana ateigada, chea e volta a encher.
"Que temblen os arrecastados, que temblen os que se negan a sí mesmos, que temblen eses que pensan que poden dispoñer da liberdade e da dignidade dos galegos, que é algo sagrado. Eu citaría unha frase de Castelao no seu primeiro discurso nas Cortes Constituíntes. Foi o 18 de setembro de 1931 :se os galegos aínda somos galegos, é por obra e gracia da nosa lingua, e temos que defendenla.... A miña consgina é a que foi toda a miña vida: hai que seguir!"
E Avelino, coa frente erguida, cumpre coa súa promesa.  Estou seguro de que sería quen de acarrexar el só ata as portas do Parlamento as 30.000 sinaturas da Iniciativa Lexislativa Popular promovida por Queremos Galego.  Pois se Avelino, con 96 anos nas súas costas, está aí, no frente, non se pode comentar outra cousa: hai que seguir!



Máis información sobre a entrega de sinturas: Queremos Galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario