Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 7 de outubro de 2010

Esquecer o día galego en Twitter

por Cris Moss, no Xornal:

É coñecida a afección do secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, polas redes sociais, especialmente polo Twitter, dende antes de ocupar o seu actual cargo. Non obstante, dende a súa chegada á Xunta, boa parte das mensaxes que comparte teñen como contido as actividades que organiza o seu departamento.

En máis dunha ocasión, Lorenzo ten empregado tamén o Twitter para defender con belixerancia a política lingüística da Xunta perante os seus detractores, acusando, por exemplo de “mentir” a aqueles que advirten de posibles indicios de “ilegalidade” no chamado decreto do plurilingüismo, en vigor no actual curso académico.
No día de onte, o Twitter foi un verdadeiro fervedoiro para o galego. A instancias de Radiofusión, o termo “galega” foi o máis repetido na rede social entre as catro e as cinco da tarde. Non obstante, Lorenzo non foi visto por Twitter e, na súa única mensaxe do día, esqueceu engadir “#galega” para así sumarse á iniciativa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario