A experiencia vital en torno ao galego é o obxectivo primordial do proxecto que se está a levar adiante desde o (magnífico) blogue As candongas do quirombo. Acabo de atopalo na arañeira da rede e non podo facer outra cousa que recomendalo.
Había algún tempo que tiña gardados varios vídeos que procedían da canle de You Tube do mesmo nome, mais creo que é moito máis interesante pegar un volta polos vieiros do seu blogue e recibir máis de vinte leccións de sociolingüística que se desprenden desde as testemuñas que hai nos seus vídeos.
Alén dos que xa comentei en posts anteriores, recomendo "Dúas caras dunha mesma moeda" , "Falando en galego non se era ser xente", "Non asumen que cobran porque temos un idioma", e para abrir o apetito, este minutiño de aquí abaixo:
obrigadísimas polos aloumiños...
ResponderEliminarseguimos as túas entradas tamén nós.
Apertas!!
Está claro que as seguides pois aínda acabo de poñer o post e xa estades a responder.
ResponderEliminarO certo é que tardei en atopar o voso blogue, coñecía desde hai tempo a canle de you tube e tal e como comento tiña varios post a medio facer cos vosos vídeos, pero ao ver o blogue pensei que era mellor comentar da súa existencia.
Saúdos, e parabéns polo traballo.