Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 7 de outubro de 2010

Outro radical

Non apela ao consenso social, nin a razóns filolóxicas, tampouco se fundamenta nas leis en vigor. Mais ben fai todo o contrario: arremete contra o acordo e a convivencia cidadá, atenta contra o coñecemento lingüístico e minte e ataca leis fundamentais que son o fundamento do seu goberno. E todo isto, con que fin? Todo para manterse na súa campaña de ataque á lingua galega e ao orgullo de sermos galegos.
O máis grave de todos é que isto faino quen nos debería representar e defender.
Unha pena.

Ningún comentario:

Publicar un comentario