Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 2 de novembro de 2011

Medios en galego versus medios en castelán

O reparto que fixo a Secretaría Xeral de Política Lingüística "para reforzar a presenza do galego nos medios de comunicación" foi a seguinte: por cada euro que recibiron da  os medios en galego, foron 10 para os medios que usan prácticamente en exclusiva o castelán. Velaquí nunha táboa como foi o reparto. 
Os datos saqueinos desta nova do Portal Galego da Língua.
Fica ben claro que a forma de "reforzar a presenza do galego" é subvencionando aos medios que non o usan. Típico de Anxo Lorenzo.


2 comentarios:

  1. Xornal de Galicia?... Non tiña mais galego que El Progreso, por exemplo...
    Boto en falla El Correo e De luns a Venres como xornais en papel editados na Galiza...
    Tamén poño en falla saber se levan axudas as edicións "galegas" dos xornais madrileños, (El País, El Mundo e ABC), no caso do ABC constame que leva subvencións, (non sei si con cargo a ista partida ou a outra), e que emprega polo menos tanto galego nas suas páxinas da edición galega como calquera dos editados eiquí...

    ResponderEliminar
  2. No do Xornal levas razón. Pensei de colocalo noutra táboa... simplifiquei en todo caso en contra da tese que quería destacar.
    Os cartos anotados son os obtidos por eses medios mediante convenios coa SXPL. Indiquei de onde obtiven os datos. De todas púxenme a remexer pola rede e comprobei que se trataba de convenios para potenciar o uso do galego na páxina web. Ver: http://www.xunta.es/consulta-convenios. Escoller Sección: Medios de Comunicación e Áreas: Normalización

    Pode ser que El Correo non apareza por asinar únicamente un convenio polo Galicia Hoxe.
    De Luns a Venres: creo que está relacionado co Progreso e co Diario de Pontevedra.

    Sobre medios como o ABC: si, tamén reciben cartos da Xunta, pero non das partidas de normalización. Poden consultarse aquí:
    http://www.xunta.es/consulta-convenios. Escollendo en Seccións: Medios de Comunicación.

    Todo isto non fai mais que confirmarme nesta idea principal: a SXPL (e a Xunta) non teñen a pretensión de incrementar o uso do galego no ámbito da comunicación (e en ningún outro). Procuran manter ou reducir os xa reducidos niveis de uso do galego nos diversos ámbitos.

    ResponderEliminar