Establecer unha porcentaxe de uso das linguas no ensino na universidade é complicado. Na USC veñen facéndoo desde o curso 2003-2004. Se contabilizamos as horas de traballo atribuídas aos mestrados como horas de docencia na USC, obteríamos para o galegoo dato máis positivo do estudo: un total de 352.000 horas en castelán e, bastante menos da metade, 138.000, en galego (ver [1]).
Atendendendo únicamente aos graos e os dous primeiros ciclos, podemos ver na gráfica que a tendencia alcista dos dous últimos anos volve agora a valores próximos ao 20% despois dunha baixada de 6 puntos a respecto do curso pasado. É o que desde o Cartafol dixital enuncian como posible volta ao rego:
Probablemente nos dous vindeiros cursos, unha vez que as diplomaturas e licenciaturas se vaian extinguindo e se vaian afortalando os graos, asistiremos a novos reaxustamentos e entremos nunha fase de estabilización arredor do 20% de docencia en galegoComprobamos unha vez máis que a docencia en galego non alcanza ese suposto equilibrio que anuncian desde a Xunta. Neste caso, desde a SXPL, non se establecen máximos para presencia do castelán tal e como si se determinaron para o ensino en galego no tramo non universitario. Así fica demostrado que o que realmente lle importa ao goberno é que a lingua galega non traspase os reducidos límites nos que está pechada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario