Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 24 de febreiro de 2012

Henrique Monteagudo: 'As estratexias contra o decreto foron derrotadas'

Iago Martínez entrevista a Henrique Monteagudo en El País. Aínda que eu non o acabo de entender pois non vexo por ningures  alternativas á Mesa ou a Queremos Galego.

O profesor Henrique Monteagudo (Muros, 1959) entra na Real Academia Galega case dous anos despois de ser elixido para ocupar a vacante de Antonio Gil Merino, falecido en 2009. Mañá ás 12 do mediodía lerá o seu discurso de ingreso no paraninfo da Universidade de Santiago. Titúlase Facer país co idioma e non pretende resolver enigma ningún, senón ser “útil”, insiste, para o debate en curso. Impugna a “falsificación” da liberdade lingüística e coloca a normalización á beira do seu propio cantil: ou responde a un proxecto de autogoberno ou carece de sentido.Pregunta. Se aceptamos que a normalización lingüística e o autogoberno son inseparábeis, parece improbábel que este PP se implique na construción dun consenso similar ao dos oitenta.Resposta. Falta por ver como afecta o novo escenario, con Mariano Rajoy no Goberno: como responde o sector máis sensible do partido e como evoluciona Feijóo agora que se esvaeceron as súas opcións de facer carreira en Madrid. O PP gañou as eleccións, así que o problema é o país, non o PP. Somos conscientes de que este é un proceso de reversión do autogoberno, devolución de competencias e disolución de identidade? A normalización lingüística non é a recuperación de nada, é un proceso de innovación dunha sociedade que reclama para si instrumentos para decidir o seu destino.
P. Cómpre recuperar ese discurso forte fronte aos sucedáneos conxunturais?
P. Boa parte das enerxías no combate contra o decreto destináronse a crebar ese monopolio do nacionalismo, tanto a nivel discursivo como a nivel organizativo. Deron resultado?R. Unha parte importante do nacionalismo enganouse. Quixo apropiarse da normalización, foi un erro desastroso mesmo para o propio nacionalismo. Debía ter separado os intereses partidarios, absolutamente lexítimos, dunha visión estratéxica a longo prazo, como se fixo no País Vasco e en Cataluña. Hai sectores que esixen agora o cumprimento dunha lei que combateron, e estes xogos contraditorios desconcertan a xente. A autonomía foi unha oportunidade histórica para Galicia.R. As estratexias contra o decreto foron derrotadas. Cando defendín publicamente o informe Por un proxecto de futuro para o idioma galego, do Instituto Galego de Estudos Autonómicos (IGEA), estaba a ver unha contradición notable no nacionalismo. Como se podía defender a convivencia sen recoñecer a realidade lingüística de Galicia? Eu puxera esa condición: asumir o bilingüismo como realidade e como estratexia. A reacción do nacionalismo ortodoxo ao informe pareceume irracional e excesiva. Demostroume que os que se opuñan a unha renovación do discurso estaban á defensiva. Decatábanse de que o barco facía auga e disparaban contra todo o que se movía. A Mesa fixo unha tentativa de remudar, pero deu marcha atrás. Quen se acorda agora de Queremos galego?R. É unha forma de premiar a Lorenzo, porque a ollos de Feijóo resolveu ben a papeleta do decreto. Creo que a Xunta e a dirección do PP están a explorar unha vía menos belixerante. Talvez teña que ver co cambio do escenario político. O que é moi triste é que as persoas que están á fronte agora sexan as que estaban chamadas a xogar estes papeis antes, no bipartito.P. Que lectura fai do relevo de Anxo Lorenzo por Valentín García en Política Lingüística?R. É unha forma de premiar a Lorenzo, porque a ollos de Feijóo resolveu ben a papeleta do decreto. Creo que a Xunta e a dirección do PP están a explorar unha vía menos belixerante. Talvez teña que ver co cambio do escenario político. O que é moi triste é que as persoas que están á fronte agora sexan as que estaban chamadas a xogar estes papeis antes, no bipartito.
P. É unha ironía ou é algo máis doloroso aínda?R. É unha ironía dolorosa que nos debería axudar a entender por que o PP ten a hexemonía social en Galicia. Por que o bipartito perdeu esta batalla. Por que non foi quen de contar coa xente máis competente e tecer complicidades. É mellor non remexer, pero non soubo ver a relevancia que ía ter a cuestión da lingua e o PP atopou un furado monstruoso polo que meteu auga até afundir o barco.P. Para que serve a Real Academia Galega (RAG)?R. Ten dúas caras. Unha é simbólica, que é moi importante nun país con poucas institucións que o articulen, o que non quere dicir que sempre estivese á altura, e a outra é máis operativa, que foi xogando mal que ben e que debería xogar máis: a toponimia, o dicionario, os servizos lingüísticos...R. É unha institución doutro tempo. Non debemos pensar nela como unha instancia democrática senón carismática, e para manter ese carisma hoxe hai que incorporar as novidades sociais. A sociedade está a pedir que as mulleres, que tanto achegan á cultura galega, teñan a súa voz representada de forma equitativa. Esa é unha das grandes carencias, xunto coa presenza social e a transparencia. As persoas que traballan na cultura galega teñen que sentir a RAG como unha institución próxima coa que se pode colaborar e que presta servizo no tema da lingua.P. Para este segundo traballo precísanse cartos. Para o primero, un certo diálogo coa sociedade. Tomando como indicador o seu web, que apenas se actualiza, parece que a RAG segue a ser opaca.P. A RAG ten un dobre discurso. Fai causa colectiva do seu financiamento, buscando a complicidade dos medios, pero non rende contas publicamente. No caso das mulleres demostrou ser pouco permeable ao que lle pedían as impulsoras do manifesto O xogo das cadeiras, que vostede asinou, pero dentro tampouco se revolveu nada. É iso un reflexo da cultura galega?R. A RAG é unha destas institucións encargadas de gardar esencias, e as esencias poden ser un lastre. A mellor xustificación para reclamar financiamento é ofrecer un servizo e ser eficaz, e aí temos o caso clamoroso do dicionario [sen actualizar dende 1997]. Iso implica pasar dunha corporación de notables con funcións case rituais a unha institución operativa. En que medida reflicte o que hai fóra? A RAG necesita incorporar as distintas correntes da cultura galega na súa viveza, moitas veces contraditoria, e esforzarse en ser equilibrada. Cómpre evitar as tentacións de enclaustrarse e privilexiar certos sectores. Hai que saber xestionar as contradicións.R. A RAG necesita reforzar a súa parte literaria, que está un pouco frouxa. Hai unha serie de voces da miña xeración e dos maiores e as maiores da miña xeración que deberían estar aí.P. Dá a sensación de que a asignación de cadeiras responde máis á reprodución dos grupos de poder realmente existentes no seu plenario que ao que acontece fóra. Por que ingresan xeógrafos e non os escritores e as escritoras máis vendidos ou máis gabados pola crítica?P. Abandonou o BNG?R. Mentalmente, si, pero aínda non entreguei o carnet. É só unha cuestión de tempo.P. Por que?R. Sendo sincero, entrei no BNG como un mal menor. Sempre lamentei que Esquerda Galega non fose adiante. Foi decisiva a reacción ante o informe do IGEA, non só porque me afectase directamente. Decateime de que non era un foro aberto, senón un colectivo cunha serie de dogmas e clixés que o inhabilitaban para ser unha opción de futuro para este país. Había disposición a cambiar as tácticas pero non unha intelixencia estratéxica. Unha cousa é ir pola autoestrada e recoller un autoestopista e outra moi distinta é deixarlle conducir. Vinme de acompañante nun coche conducido por un imprudente e preferín baixar. Non me preocupa o BNG, preocúpame o país.P. Non supón a enésima impostura proxectar o que está a acontecer como un conflito ideolóxico?R. Non hai grandes diferenzas na oferta política, en boa parte porque o BNG fagocitou o discurso de Esquerda Galega. O que pasa é que o sector maioritario só asumiu ese discurso a nivel táctico, e o desaxuste vén de aí. As dinámicas agora márcanas as bases. Beiras sae porque os irmandiños din que hai que saír, e Aymerich sabe que sete de cada dez militantes de Máis Galiza ou marcharon ou van marchar. Hai unha especie de 15-M dentro do BNG. A crise de liderado é tremenda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario