Cartafol, unha revista que saía á luz hai un ano como semanario en papel de temática educativa, transfórmase agora en revista dixital pensada fundamentalmente para ser consultada nas tablets, tamén aparece en formato PDF.
Os cambios no Cartafol non paran aquí e convírtese tamén nunha revista de información xeral.
Despois da impresionante avalancha de Praza Pública, recibimos con enorme satisfacción este novo espazo para o galego e a información independente.
O que parece un novo rexurdir dos medios galegos e en galego, comenzara a finais de outubro con Tempos Dixital e ten perspectivas de continuar avanzando cun proxecto moi consolidado, Sermos Galiza, e unha iniciativa que cada día colle máis forza, Vitaminas para o galego.
Despois duns anos horribles para os medios en galego coa desaparición de cabeceiras como A Peneira, A Nosa Terra, Xornal, Galicia Hoxe, volve a sair o sol na terra da nosa lingua.
Ningún comentario:
Publicar un comentario