Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 16 de febreiro de 2012

Longa noite de pedra



39 segundos de ouro son os 39 segundos que dura o vídeo. A idea, a cor, a iluminación, a edición... e finalmente o ensino pois estes nenos aprenderon que esa longa noite era fría e dura, como a pedra.
Non é unha casualidade. Se un remexe no blogue de onde saeu este vídeo, Os ghatos misteriosos, do CEP Sequelo de Marín, comprobará que se respira por todas partes innovación educativa, desafortunadamente a asignatura máis esquecida por parte da Consellería.
Estou seguro de que tanto pais como alumnos están gozando e aprendendo con esta extraordinaria ferramenta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario