Desde a AELG recórdannos que o 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura polo que fan tamén as seguintes invitacións:
- Á cidadanía, para que agasalle un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro.
- Aos centros de ensino e concellos a participar do Día De Rosalía de Castro organizando actividades de promoción da obra da nosa escritora para conmemorar o aniversario do seu nacemento.
- O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.
- Aos concellos para que declaren ese día 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro e que o recollan nas súas programacións culturais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario