A política lingúística é un compromiso colectivo, non só do Goberno que teña a responsabilidade de gobernar. Éo de toda a sociedade. O goberno debe cumplir e aplicar a Lei de ormalización lingüística e o Plan de normalización lingüística, avaliar as estratexias, velar para que se cumpran os seus obxectivos e aplicar as medidas concretas necesarias para acadar eses obxectivos. Estas son as claves para desenvolver unha boa, eficaz e eficiente política lingüística.A administración autonómica é un dos sectores que máis ten que facer, por non dicir o que máis, a partir do que xa fixo e se consensuou por unanimidade política e social, a prol da normalización da lingua galega.Esta é a súa responsabilidade e debe responder a esta atribución asumindo a responsabilidade e o compromiso de liderar e de ser a vangarda no proceso de promoción do idioma galego tanto interna como externamente, elaborando e desenvolvendo unha lexislación acorde con esta responsabilidade, compromiso e obxectivos, sendo coherente coa realidade sociolingüística; polo que, neste sentido, as súas decisións teñen moito peso e gran trascendencia.Ten que lle prestar moita atención e recoñecer os defectos, os erros e os puntos febles para reconducir a súa política e optimizar os recursos e, ao mesmo tempo darlle maior credibilidade e coordinación ao proceso de normalización.O Plan de normalización recolle os puntos febles na sociedade e na Administración.A propia Administración debe avaliar o proceso de normalización e a partir da avaliación mellorar o uso institucional do galego como exemplo e modelo de uso na sociedade. Debe procurar a coordinación e a colaboración na actividade normalizadora entre institucións e organismos. Vertebrar unha rede de servizos de dinamización, potenciación e uso da Lingua Galega que garanta o cumprimento da Lei e do Plan de normalización.Unha rede coordinada que solvente as dificultades técnicas no uso do galego na administración, o insuficiente desenvolvemento da linguaxe administrativa e práctica inexistencia do idioma galego nos córpora lexislativos e xurispriudencias básicos. Que insista na actualización da formación e, polo tanto, manter unha formación continua axeitada ao persoal de todas as áreas e ámbitos da Administración.Traballar decididamente naqueles ámbitos que máis carencias e menos presenza ten o uso do galego.En definitiva, asegurar que o galego sexa a lingua habitual nas relacións internas e na relación coa cidadanía.Á par, ha procurar conseguir unha mellora nas actitudes do funcionarado e da cidadanía en xeral cara á lingua galega e a súa capacitación, non o contrario.Especificamente debe fortalecer e consolidar o galego como lingua de referencia colectiva de Galicia e da Administración. Establecer un mecanismo de coñecemento e control sobre ese cumplimento e lograr a coordinación da actuación das distintas administracións,etc.O Plan de normalización é a folla de ruta con medidas concretas para cada obxectivo específico. Todos os esforzos e accións que se fagan a prol da lingua reverterán na nosa dignidade.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
luns, 13 de febreiro de 2012
Política lingüística (2)
por Xosé Ramón López Boullón, en Galicia Hoxe:
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario