Hoxe, no día internacional da lingua materna, unha historia que é triste porque trata dunha lingua perdida hai tempo, pero chea de esperanza, porque está comenzando a recurperarse.
Mae Alice Baird ten sete anos, e a súa lingua materna é o wampanoag, unha fala desaparecida hai máis de 150 anos. Nin os seus pais falaban wampanoag, nin o fixeron os seus avós, nin os seus bisavós, nin os tataravós,....
Por medio da educación, as leis de restricción do uso da lingua, e a política lingüística en termos xerais, levada a cabo en norteamérica, a lingua wampanoag do norleste estadounidense, foi aniquilada a mediados do século XIX. Durante 150 anos non se volveu a oir ningunha palabra wampanoag. Porén no ano 1993 púxose en funcionamento o Wôpanâak Language Reclamation Project que ata o momento conseguiron establecer un dicionario de 11.000 palabras, o desenvolvemento dun curriculum para a aprendizaxe do wampanoag, e o asesoramento de especialistas nesa lingua. Todo isto foi posible grazas a centos de actas, documentos, e mesmo dúas edicións enteiras dunha biblia escrita fonéticamente en wampanoag e que forman o maior conxunto de documentos escritos nativos do continente.
Os Wanpanogag desenvolveron un sistema de escritura alfabética tan estendido que no século XVIII, as taxas de alfabetización wampanoag eran no seu pobo maiores que as do inglés entre os colonos.
Máis información sobre ésta e ata un total de doce linguas nativas norteamericans en: Our Mother Tongues
Ningún comentario:
Publicar un comentario