Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







mércores, 15 de febreiro de 2012

Comunicado pola defensa do traballo na normalización dos concellos

A Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL) fixo público un comunicado en defensa do traballo realizado polos Servizos de Normalización Lingüística (SNL) dos concellos que foi apoiado pola Mesa, a Agal, AELG, os departamentos de filoxía galega das tres universidades galegas, o ILG, a RAG, e unha chea de concellos.
No comunicado ínstase a todas as administracións, especialmente á Xunta, que adquiran "o compromiso real de fomentar o uso e prestixio da lingua galega, con prácticas coherentes con ese compromiso e coa posta en marcha de medidas decididas e eficaces na procura da normalización lingüística", e, en concreto, promoven a creación dunha"estrutura real e coordinada de servizos técnicos para a normalización lingüística que abranga o conxunto do país", e non o churro argallado nos últimos meses que deixa no limbo tanto os postos de traballo como o traballo normalizador na administración local.


2012.02.15.CTNLa-Defensa Traballo Xusto Ilusionante Snl

Ningún comentario:

Publicar un comentario