Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







domingo, 12 de febreiro de 2012

O partido da normalización



Hai algúns dias, creo que foi  Francisco Rei García a quen lle vin a denuncia que presento agora aquí.
Trátase dunha páxina de novas da Secretaría Xeral para o Deporte. Nela aparecen varias referencias en castelán. Seica o galego non é apto para o deporte, ou pode ser que a situación social do galego xa estea tan normalizada que non convén que sexa a lingua de difusión desde os portais oficiais da Xunta.
Vendo isto un pode adiviñar perfectamente cal é a política lingüística que se está a desenvolver. Por moito que se insista no contrario desde os altofalantes institucionais, está ben claro que se está actuar sistemáticamente en contra do consenso establecido no seu dia, punto por punto, no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega:

O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia para que adopte no ámbito das súas competencias as medidas tendentes a que os seus cargos públicos e os dos organismos e entes autonómicos, sociedades públicas e institucións dela dependentes fagan uso público tanto oral como escrito de xeito sistemático da lingua galega no desempeño da súa responsabilidade pública; así mesmo as medidas conducentes ao mesmo nos concellos e deputacións de Galicia.
No caso de preguntármoslle á SXPL sobre este desprezo, dirían que eles non xogan este partido.
É certo, están orsai pois centran todos os seus esforzos en reducir aínda máis as xa febles axudas á normalización ( [1], [2])


4 comentarios:

  1. Eu envieille un correo pidíndolle o emprego do galego en tódalas novas.
    Un saúdo e forza!

    ResponderEliminar
  2. Boa iniciativa. Grazas por levala adiante.
    Tamén é unha boa mágoa que sempre teñamos que andar con este tipo de queixas. O galego nunca vén dado de serie, e desde as institucións actúase cada vez máis sistemáticamente contra isto.

    ResponderEliminar
  3. eu pediríalle ao sr lete, director xeral de deporte, que rache o seu título de especialista en lingua galega, que o faga por decencia ( o mesmo que terían que facer outros máis titulados) e digo así porque sei que o ten, pois seino e poido probalo.DAVID

    ResponderEliminar