por Xoán Costa, no Sermos Galiza:
Millares de persoas percorren a cidade. Desde a Porta Faxeira até a Praza da Quintana, pasando pola Porta da Mámoa. Millares de persoas a defenderen, a defendermos o dereito a vivirmos na “nobre e harmoniosa fala de Breogán”.
-Ponteceso, 8 de febreiro de 1835
Nace un neno, “cabo do pinal espeso”, alí onde “o Anllóns con nobre maxestade camiña ó seu destino derradeiro”. Un neno que ao medrar fará da lingua cuestión central da súa vida; un neno que ha denunciar con dureza o proceso de alienación que sofre Galiza; que pon en riba da mesa como o esquecemento da lingua propia significa sometemento. E alienación.
“A lingua tiveranpor lingua d'escravos;esqueceran os patrios acentos,suidosos e brandos.
Dos propios acentostiveran vergonza;de cautivos falaran palabras,de servos e ilotas”
Expresión dura cando se dirixe á colectividade, máis benevolente cando se trata de destinatarios concretos:
"A lingua como elemento aglutinador, como espello das virtudes patrias: nobreza, harmonía, fortaleza".
“Cando é que vos ouzo,a patria esquecendo,falar esas duraspalabras de ferro,non sei o que sufro,non sei o que peno:falade, meniñas,falade galego”
A lingua como elemento aglutinador, como espello das virtudes patrias: nobreza, harmonía, fortaleza.
Compostela cento e oitenta anos despois
Aquí estamos os fillos das fillas, as fillas dos fillos da xeración de Pondal, de Rosalía ...
As políticas lingüísticas levadas a cabo polo goberno de Feijóo están a piques de pór fin á lingua de ouro que nos legou Pondal.
Eles fixérono por nós. Nós temos que facelo polas fillas dos nosos fillos. Se así non o fixermos
“A nai, afrigidada escura miseriaos propios tomarapor gente estrangeira,e espantada escuitara dos fillosa plática serva”
PS.
Pondal naceu o 8 de febreiro de 1835. Disque no seu leito de morte dixo: “déstesme unha lingua de ferro, devólvovos unha lingua de ouro”. Sen dúbida neste 8 de febreiro de 2015 “Soñando está o bardo, cun vago soñar ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario