Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 26 de febreiro de 2015

Arredor de Rosalía. Proxección de "I ante aquel silencio mudo"


Con motivo do “Día de Rosalía” a Asociación Cultural “Vagalumes” ten previsto levar a cabo a proxección de “I ante aquel silencio mudo”, curtametraxe sobre Rosalía de Castro na que, fronte á idea máis xeral e convencional da nosa poeta nacional, se descubre agora unha Rosalía comprometida, rebelde e, como aparece no vídeo, conscientemente galega.
Arredor desta proxección levarase a cabo un coloquio e a lectura do manifesto da Asociación de Escritores en Lingua Galega  (AELG) deste ano a respecto da conmemoración rosaliana.
Este acto terá lugar o vindeiro sábado 28 de febreiro na sala de exposicións de Abanca na Estrada ás 20:30 h. A entrada é libre e gratuíta. Estarán á venda exemplares deste vídeo para quen tivera interese.

Ningún comentario:

Publicar un comentario