O rapaz, que cursa 1º da ESO comentaba cheo de ilusión a cantidade de cousas que aprendían na clase de Ciencias Sociais. Ademáis este ano estaban usando as novas tecnoloxías pois comenzaran a traballar con presentacións dixitais.
- ...si, e hai un que se chama Xulio César que inventou moitas frases famosas.
- E logo?, sabes que frases? -preguntoulle o pai
- Si, alea iacta est, que significa la suerte está echada.
- Como? que?..
- E ten máis, tiña moitas: vini, vidi, vici que é vine, vi y vencí.
- Pero ese traballo non era o estabas a facer onte pola tarde no ordenador?
- Sí, é ese
- Pero, non estaba en galego?
- Si, claro
- E como traduces esas frases ao castelán?
- Faino así o profesor. Eses son os apuntes que nos dou. Tamén a de y tu también Bruto?, tamén está en castelán, todas as traducións veñen en castelán.
- E logo? é que non se pode traducir do latín ao galego?... Seica o galego non ten nada que ver co latín...
- Pois pode que non se poida, o profe non o dixo.
- Así que na clase de sociais, ademáis de aprender de Xulio César, aprendedes que o galego non serve para asegún que cousa, non?
Houbo un silencio....
- Vin, vin,..... -comenzou a dicir o rapaz
- E vencín
- Vin, vin, vencín... así creo que me gusta máis.
- Veña, déixame o power point que lle vou sacar unha foto para un post.
Sobre isto dos prexuízos e a situación social do galego, a pesar de todos os atrancos e dificultades, que ninguén diga, pois, alea aiacta est.
Ningún comentario:
Publicar un comentario