Suzanne Talhouk é libanesa. Os seus sentimentos sobre o árabe son os mesmos que os que podemos sentir nós coa nosa lingua. Non está de moda falar do imperialismo, máis neste documento séntese a súa presenza nun acto cotián: ao pedir a carta nun retaurante e ver como lle respondían cunha mirada de certo desprezo. Quen non sentiu o mesmo algunha vez ao pedir un café con leite, logo de que lle responderan: con leche?
Este exemplo é a evidencia de que hai moitos axentes colonizadores entre nós. Xente que tragou o discurso da negación da cultura e a historia de Galicia e que hoxe actúan como peóns do barbarismo uniformizador. Son os soldados da ignorancia e do auto-odio.
Fronte a isto cómpre tomar exemplo de persoas como Suzanne, presidenta de Feil Amer, unha asociación que promove o uso do árabe entre a mocidade libanesa, Aquí podemos escoitala demandando iniciativas para revitalizar esa lingua, modernizándoa e usándoa como medio de expresión creativa. A súa intervención pon o foco na recuperación da identidade da poboación arabefalante, e en liberarse do seu complexo de inferioridade.
Entre o seu discurso recollo un par de retallos que soan ben cando se len, pero que chegan ao corazón cando os oímos na voz emocionada de Suzanne:
"se alguén quere matar un pobo, o único xeito de matar un pobo, é matar a súa lingua. Esta realidade coñécena ben as sociedades desenvolvidas. Os alemáns, os franceses, os xaponeses ou os chineses, todos os pobos son conscientes diso. Por iso lexislan para protexer as súas linguas. Santifícanas."
A información chegoume vía Xusto Rodríguez
"A lingua non é só para falar, simples palabras saíndonos pola boca. A lingua representa etapas específicas das nosas vidas, e os termos que están ligados ás nosas emocións Entón, cando digo: "liberdade", "soberanía", "independencia" cada un de vostedes crea unha imaxe específica no seu cerebro. Hai sentimentos específicos dun día específico nun período histórico específico. A lingua non son unha, dúas ou tres palabras ou letras postas en fila. "
Ningún comentario:
Publicar un comentario