Por todos os seus “méritos vitais, literarios, humanísticos e universais; por ser un narrador elegante e absolutamente comprometido coa defensa da lingua; por ser unha persoa coherente que buscou sempre transformar a sociedade desde a escola pública e se implicou na vangarda da renovación pedagóxica; por ser un dos narradores galegos máis universais, un dos mellores facedores de lectores, coñecido dentro e traducido fóra, por ser un exemplo de ética e dinamismo ao servizo da terra nosa e da terra enteira…”. Por todos e cada un de estes motivos o escritor Agustín Fernández Paz foi nomeado este luns Doutor Honoris Causa da Universidade de Vigo.
O escritor regalounos esta magnífica peza de amor á lingua e á lectura, pois como moi ben nos explica un non é outra cousa que o que fala e o que le.
Destaco só un parágrafo para amosar o apetecible do discurso de Fernández Paz que se pode ler máis abaixo.
Desde hai algúns anos asistimos desacougados ao minucioso proceso de demolición do edificio. Coa escusa da crise ou sen ela, os retrocesos legais sucédense con medida puntualidade. O obxectivo final semella ben claro: podar as pólas máis vigorosas do bonsai, coutar a presenza social da lingua ata confinala nun lugar subordinado.Nota: Nunha primeira versión desta anotación colgara o borrador do discurso de Agustín Fernández Paz, pois era o que aparecía nun primeiro momento referenciado no DUVI. Agora o propio autor avisoume de que o texto definitivo e que foi a que finalmente leu este luns foi esta outra. Grazas polo aviso, e agora si, deixo aquí a versión final.
P.S.: Finalmente tamén engado o vídeo do acto que finalmente foi cargado pola canle do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario