Como todas as asociacións de comerciantes, a Asociación Zona Obelisco ten como obxectivo fundamental a defensa dos intereses profesionais e urbanísticos dos comercios asociados. Pero dificilmente poderemos poñer a nosa confianza nas mans desta asociación cando fan un uso corporativo da mesma para actuar en contra do uso normal do galego no comercio, mesmo coa ostentación do topónimo españolizado da cidade na que realizan as súas actividades, *La Coruña, segundo eles.
Máis triste é que a Consellería de Economía e Industria inicie unha campaña de promoción dos Centros Comerciais Abertos precisamente coa Zona Obelisco quen non só secundariza o uso da nosa lingua, senón que mesmo actúa abertamente contra a legalidade vixente. Menos aínda se pode comprender que nesa campaña se destaque un grupo comercial, Grupo Amor Joyeros, que mantén exactamente o mesmo maltrato de exclusión e ilegalidade co galego.
Triste escolla a que fixo a Consellería de Economía que nos indica que a súa aposta non consiste na garantía dos mínimos de convivencia en común. Pola contra o que procura é seguir afondando na exclusión do galego no seu ámbito competencial. Na anterior lexislatura aprobouse unha lei do comercio galego na que non había ningunha referencia á normalización, así que, quen diga que a Xunta non ten unha política lingüística transversal equivócase pois neste caso temos unha notable evidencia de que si a hai. Desafortunadamente procura o acoso e acurralamento do galego.
E polo visto na web do grupo ese tampouco dominan moito a gramática do castelán:
ResponderEliminar"Todo en nuestros establecimientos, está pensado para ofrecer la mayor variedad posible a nuestros clientes para ese regalo o detalle personal que desean realizar"
Éche a ignorancia oufana de sempre.
Zona 'El Pellizco' ..??
ResponderEliminarMoi agudo,... pero coidado con dar esas ideas á zunia, que son capaces de facerche caso
EliminarA esta gente nem água. Sobram sitios onde investir os dinheirose onde sabem em que País estam. Boicote, e se pode ser activo, melhor. Que saibam que se baixam as vendas é tambem pola sua atitude repugnante.
ResponderEliminar