Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 4 de xaneiro de 2013

A Rede de Dinamización Lingüística sen técnicos

Segundo informa a SXPL, 2 de cada 3 concellos veranse excluídos da vindeira convocatoria que se fará de bolsas de formación para técnicos dos Servizos de Normalización dos concellos. Lembremos que hai un ano , debido á eliminación das axudas da SXPL, suprimíronse 15 deses postos. Paradoxalmente coincide esta aniquilación de prazas coa posta en marcha da Rede de Dinamización Lingüística, unha entidade que declara ter como obxectivo principal unha acción conxunta coas entidades locais no ámbito da promoción do galego:
co obxectivo prioritario de establecer e consolidar vías estables de colaboración, cooperación e coordinación
Para isto é imprescindible contar con servizos lingüísticos nos concellos cos que coordinar o traballo normalizador.
Agora anúnciase a volta desa partida presupostaria cando a bolsa da SXPL acaba de ser reducida en 2,4 millóns de euros a respecto do ano pasado. Sospeitosamente non se informa nin a cantidade destinada a este proxecto, nin do número de unidades que se abrirían, nin que tempo durará esa bolsa. O único que se adianta é que estes técnicos prestarán os seus servizos "de maneira compartida, por medio de servizos supramunicipais mancomunados". Non se trata xa de establecer unha liña de axudas para a creación de prazas de servizos de normalización nas entidades locais, senón que o se trata de bolsas de formación, isto é, contratos en precario. E non só falamos de precarización laboral, senón normalizadora.
É contraditorio falar de consolidar vías estables de colaboración, falar de coordinación e cooperación cando eses novos servizos ao non estar a disposición de ningún concello, só poderán ser dependentes da propia Rede de Dinamización Lingüística (RDL). Pois iso é o único que se fixo desde a RDL, reunirse consigo mesma, autopublicitarse, e tirar os cartos públicos en beneficio dun proxecto fantástico que nunca xenerou nin a máis mínima ventaxa para a promoción do galego.
P.S.: Hai pouco máis dun ano había 67 técnicos de SNL nos concellos segundo a propia SXPL que nese momento aínda se permitía o atrevemento de convocalos a unha reunión: ver nota da SXPL. Compría saber cantos quedan agora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario