É inxenuo pensar que a lingua non debe lexislarse. Faise en todas partes, especialmente alí onde conviven varias linguas, pois a Sociolingüística xa ensinou hai décadas que é imposible a convivencia harmónica de dous ou máis idiomas. Mais como todo o mundo fala, tamén todos cren que poden opinar sobre lingua. Digo isto porque algo diso hai nos prexuízos lingüísticos de certo sector do partido que nos goberna, opinións que lastran as decisións arredor do decreto do galego do conselleiro de Cultura e Educación.Jesús Vázquez está agora nunha boa tesitura. Unha resolución xudicial dá a razón a quen defendían que a nova lexislación do galego no ensino non respondía nin á realidade educativa do país nin ás necesidades dos centros, nos que ninguén, agás o devandito sector do PP, detectara xamais a necesidade de consultar a pais e nais aos que, por certo, nunca se lles preguntou sobre cuestións que o Estado, con bo criterio, sempre consultou a expertos. Iso facilita que o conselleiro, aínda crendo que os xuíces avalan o espírito bilingüe do decreto, se libere dunha lea que se lle foi das mans o día en que certas asociacións de dubidoso cariz científico e contradicindo o ditame das institucións ad hoc (Real Academia e Consello da Cultura Galega) o convenceron de que había que salvar os nenos do galego. En fin, que se trabuca recorrendo a resolución xudicial. E tamén se trabuca se segue dándolle voltas ao asunto. Vázquez é intelixente, así que, se me permite un consello para o 2013, deixe de falar do asunto, asuma que gañou a ciencia fronte a ese sector do PP que só opina de lingua porque fala, e dedíquese ás verdadeiras necesidades do ensino.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
mércores, 2 de xaneiro de 2013
A lingua por decreto
por Inma López Silva, nese xornal que se publica en castelán e que recibe da Xunta millóns de euros dos galegos:
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario