Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 31 de xaneiro de 2013

E agora, que nos ides facer?

por Eva Vieites Salmonte, no Sermos Galiza:

Hai ducias de situacións do cotío que me lembran a canción de La PollaRecords “Y ahora que?” Porque como reza a letra deste tema: “ Toda a vida coméndome o coco, pero xa vedes que vos serve de pouco, non conseguístedes prepararme para poder manipularme...”
A pasada fin de semanana manifestación da plataforma Queremos Galego, Mónica Camaño falaba do esfarelamentoao que se está a someter á cultura e lingua galegas nun escenario onde, no mellor dos casos, e isto xa o digo eu, déixannos desfrutar da nosa liberdade cativa coma se dunha reserva india se tratase.
O problema, a dificultade e os atrancos en xeral, xorden cando ceibos de taparrabos e de tinguiduras rituais, os homes brancos lémbrannos que nesta sociedade só ten cabida aquel que se homoxeneiza e converte nun cara pálida respectable, mentres que os membros da tribo que se negan á uniformización, só lles queda ser exterminados ou regresar á reserva da que nunca deberan ter saído.
"E dirían os da PollaRecords “E agora que? Agora que me ides facer?"

Finais de 2012, viaxe de negocios a Cataluña, despois dun día de reunións, postas en común, achega de melloras e peche dalgún que outro contrato, a empresa aproveita o marco desta saída para solicítarlle expresamente a un dos seus técnicos que debido á persistencia do uso do galego a cotío na Galiza, vese na obriga de pedirlle que deixe de facer uso desta lingua que non é propia dunha persoa que ocupa un cargo, non representa en absoluto á marca e imaxe que se quere trasladar da mesma, e non lles parece unha lingua vehicular para establecer nin pechar negocios. A persistencia no uso da mesma, despois de térenllo solicitado en máis dunha ocasión, está a ser percibido como unha provocación entre os compañeiros e a dirección. Solicítaselle encarecidamente que faga uso do español, lingua que lle inciden é de todos, non ten carácter excluínte e resulta moito máis apropiada para o desempeño do traballo habitual.
E dirían os da PollaRecords “E agora que? Agora que me ides facer?
O intento de fusilar a identidade segue a latexar tan forte nas nosas vidas, que corremos o risco de rematar converténdonos en membros dunha reserva india, e fóra dela,en extravagantes personaxes de circo.Queren lobotomizar conciencias, aplicar cirurxías para extirpar sentimentos e identidades, e se nada disto funciona, recluír e silenciar.
Por iso é obrigado continuar facendo visible a estratexia de anulación do propio, e respondendo irreverentemente ao modo punkcando nos queiran utilizar:“non voscomeredes NADA, NADA, NADA...”

Ningún comentario:

Publicar un comentario