Hai tres anos e un día botaba a andar este blogue. A primeira anotación, xa non o lembraba, daba conta de como na TVG informaban do que daquela era o borrador do decreto contra o galego que se había de aprobar cinco meses depois. A día de hoxe teño un total de 424 anotacións etiquetadas encol dese funesto decreto e que foi, sen eu sospeitalo no seu momento, o principal fulcro que impulsou o mantemento deste blogue. Gran contraste entre a tenebrosidade do decreto para o plurilingüismo e o día de hoxe, o de máis ilusións de todo o ano.
Eu pedinlle aos Reices a súa derrogación, a ver se me fan caso.
Só un apuntamento máis: grazas a todos os que pasáchedes algunha vez por este sitio.
Parabéns e que siga mil primaveras máis!
ResponderEliminarVaia, non pasara aínda por acó. Parabéns, Cibrán, éche alucinante como pasa o tempo. Por desgraza non hai menos razóns para seguir con esa etiqueta, así que continúa coa loita, que é ben necesaria.
ResponderEliminarGrazas. Pasou o tempo e espero que o desexo de Tonho se volva realidade.
ResponderEliminarParabéns pois para un blogue xa che é moita resistencia.
ResponderEliminar