Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 21 de xaneiro de 2013

La Vuelta al español

O pasado sábado 12 de xaneiro presentouse en Vigo a edición do 2013 da Volta Ciclista a España. Nela interviron o presidente da Deputación de Pontevedra e o da Xunta. Os dous fixérono en virtude dos cargos que ocupan, en representación, respectivamente dos cidadáns de Pontevedra e dos de toda Galicia. E os dous fixérono en castelán. Ademais non foi porque éste fose a única lingua usada durante todo o acto pois o inglés tamén estivo presente cando o ciclista Jonh Degenkolb presentou unha das etapas.
Rafael Louzán xustificou o gasto dos cartos públicos neste evento deportivo para que os emigrantes poideran ver a súa terra desde o aire.
Feijóo pechou o acto dándolle as "Gracias por venir a éste corner de Europa llamado Galicia" aos organizadores deste evento deportivo.
O acto completo pode verse na canle de rtve

Ningún comentario:

Publicar un comentario