Algúns periódicos dixitais en español dispoñen dunha versión automática en galego. Os casos máis destacables son os do Faro de Vigo e o de La Voz de Galicia.
Non ten ningún tipo de xustificación que estas versións mecánicas sexan as que use a SXPL para amosar a galeguización da prensa diante do Consello de Europa cando desde a Xunta non hai nin un paso efectivo para garantir os proxectos periodísticos na nosa lingua.
Lembremos que a pesar disto o terceiro informe do Comité de Expertos a respecto do cumprimento do estado español da Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias foi demoledor coa política lingüística que se puxo en marcha na última lexislatura.
Só desexaría que non se molestaran as xentes do Faro de Vigo por poñer evidencia esta trapallada da Xunta mediante un exemplo extraído dese medio. Por iso quería que tivesen en conta que ata o último momento tiven a dúbida de destacar este outro dos seus compañeiros de La Voz de Galicia: "O Decreto para ou Plurilingüismo xa recolle o equilibrio que esixe a Lomce" con textos coma os seguintes:
garantir en todas as etapas educativas obrigatorias que as linguas cooficiales ofrécense en proporcións equilibradasPor non falar do nesgo propagandístico deste artigo nin das incorreccións informativas que contén que darían para outra muiñada.
O Decreto para ou Plurilingüismo non Ensino non Universitario de Galicia
Se este país(e os seus gobernantes) fose serio, isto sería motivo para quitar as subvencións de xeito inmediato ata que a trapallada fose arranxada. Pero ollando arredor de min, dáme a impresión de que a unha morea de "cidadáns" isto impórtalles máis ben pouco. Así van as cousas...
ResponderEliminarSegundo o estudo do CIS antes das eleccións o tema da lingua só foi mencionado por un 0.2% en 1º lugar e un 0.6% en segundo lugar. Tes razón, así van as cousas...
Eliminar