En colaboración coa AELG proponse aos centros do ensino a inclusión no venres 22 actividades escolares na súa programación, como lecturas e gravacións audiovisuais por parte do alumnado de poemas de Cantares gallegos, que se divulgarán desde o portal da AELG para darlles visibilidade social.
O 23 de febreiro a homenaxe chegará desde Caracas e desde distintas cidades e vilas galegas coa lectura de poesías de Rosalía.
O 24 será o día central dos actos e celebrarase o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Desde a Fundación faise un chamamento aos gaiteiros para sair ás rúas para dar unha Alborada para Rosalía. Tamén se realizará unha lectura pública no Panteón de Galegos Ilustres ás 12:00. En definitiva, haberá toda unha restra de actos para lembrar e dignificar a figura da escritora que recuperou a nosa lingua para os usos cultos.

Na Estrada, por exemplo a Asociación Cultural Vagalumes organiza un acto ás 19:00 no Teatro Principal. Consistirá na escenificación dunha viaxe pola obra de Rosalía de Castro a cargo da Sociedade Cultural "Medulio" de Ferrol.
A entrada será libre e gratuita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario