Valoración de Queremos Galego ante a pretensión da Xunta de recorrer as sentenzas do TSXG que declaran ilegais os puntos centrais do seu decretazo contra o galego perante o Supremo.
Destaco un par de aportacións de Carlos Callón que subscribo plenamente:
Unha vergoña que se malgaste diñeiro público para malgastar o noso idioma, cando o que precisa Galiza é unha política de promoción da nosa lingua e anosa cultura, elmentos para a cohesión social.
E facendo referencia ao anuncio feito pola Xunta de que o TSXG avalaba coas súas sentenzas o decretazo contra o galego.:
Ha de ser a primeira vez na historia da humanidade de que a alguén a quen lle dan a razón nos tribunais, deciden recorrer a sentenza.Máis información:
O manifesto pola derrogación do 'decretazo' contra o galego supera xa as 4.500 adhesións, 01/02/2013, Sermos Galiza
Ligazón ao manifesto pola derrogación do decretazo
Ningún comentario:
Publicar un comentario