Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado, 9 de febreiro de 2013

Estudantes de Educación Infantil da Universidade da Coruña


Como había moito tempo que o gorentoso proxecto Eu falo non se movía, pensei que rematara a súa traxectoria. Afortunadamente non é así. Velaquí temos un novo vídeo cunha chea de novas aportacións, desta vez son as mozas e mozos dunha clase e Educación infantil quixeron contarnos en poucas palabras a súa relación coa lingua: en que falan e por que. A maioría son castelán falantes case todo o tempo, e aínda así falan galego estupendamente.
Todos temos unha historia coa lingua. Querría destacar que moitos testemuños falan da importancia da lingua na que lle falaban os seus profesores na súa historia coa lingua. Para que despois teñamos que escoitar disparates do secretario xeral de política lingüística:
  Valentín García, comezou febreiro cunhas declaracións explosivas, a máis sorprendente que só 4% da cidadanía fala galego polo ensino

1 comentario:

  1. habería que preguntarlle ao señor vale quen desgaleguizou nas familias...foi o ensino...?

    ResponderEliminar