Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 8 de febreiro de 2013

Manifesto polo galego... desde Barcelona



A Asemblea Cultural Galega de Barcelona, fixo un alto na festa de Can Batlló, en Barcelona, para ler o Manifesto Polo Galego na Escola. Neste vídeo podemos ver unha orixinal  presentación da lectura dese manifesto e un emotivo acto de afirmación dos galegos que desde terras catalanas queren demostrar con orgullo a súa identidade, centrada na lingua e na súa defensa. Non coma outros, que desde Galicia, e sobre todo, desde as institucións fan todo o posible por reducir as posibilidades do uso do galego.
O acto foi o sábado, 26 de xaneiro, un día antes da manifestación convocada por Queremos Galego que percorreu as rúas de Compostela

Ningún comentario:

Publicar un comentario