Un ano máis volvemos a ver editado outro número da axenda escolar que o Servizo de Normalización Lingüística e a Concellaría de Ensino do Concello de Redondela editaron en colaboración cos centros de ensino redondeláns e a través da Coordinadora ENDL de Redondela.
Segundo informan desde os respectivos blogues, a tiraxe desta edición foi de 1600 exemplares, que se distribuirán entre o alumnado dos centros do Concello.
Con esta publicación, que se distribuirá de balde a alumnado de 2º e 3º ciclo de primaria e de 1º e 2º da ESO, preténdese divulgar aspectos da cultura e o patrimonio locais, salientando persoeiros redondeláns destacados, elementos do patrimonio material e inmaterial e traballos de dinamización cultural e lingüística desenvolvidos no curso pasado. Ademais inclúe coplas e refráns, onomástica en lingua galega e referencias ao patrimonio e ás celebracións de Redondela. Todo un luxo esta colaboración do SNL do concello pontevedrés co traballo dos Equipos de Normalización das escolas e insitutos. Teño a certeza de que é un punto de ánimo para todos eles.
A xeneralidade dos centros galegos non terán esa sorte, pero polo menos quédanos a achega que nos fai anualmente a CGENDL. Puntualmente recibimos os seus calendarios escolares: un anual e outro mensual, para facilitarnos o seguemento deste novo curso.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
martes, 10 de setembro de 2013
luns, 9 de setembro de 2013
El català, llengua per a tothom
Este vídeo forma parte dunha campaña da Generalitat de reafirmación da súa lingua. Un vídeo cargado de cifras que lles permite mostrar con orgullo cal é o seu lugar no mundo. Entre outras cousas proclámase que o catalán é a lingua da escola, da empresa, dos recursos da rede,...
Cómpre a comparación. Alquén é quen de imaxinar unha campaña semellante da Xunta? Nese caso teriamos que lembrar que non dou nin un paso para galeguizar o Twitter, que despois de 30 anos o mundo empresial fai un uso do galego que segue ao nível do da dictadura ou que se está a facer todo o posible para reducir o uso do galego na escola. O vídeo da campaña da Xunta tería que facerse en branco e negro. A razón principal está precisamente en que o galego non é unha lingua para os nosos gobernantes.
domingo, 8 de setembro de 2013
O comportamento lingüístico de Rosalía de Castro
Imos entrar no problema do uso oral do galego por Rosalía e mesmo do escrito en actividades non literarias. A algúns pódelles parecer inexplicábel se non se atende ás circunstancias concretas da nosa sociedade entón, á determinación do pasado histórico e á perspectiva ou vontade organizada ou non da súa superación, así como ás novas determinacións e condicionantes nos comportamentos lingüísticos derivados das nova realidade do Estado capitalista e centralista. No uso literario, Rosalía superou todos os condicionantes diglósicos. A súa obra en galego non está marcada, de forma inexorábel nin cualitativa, pois non detectamos diglosia temática, nin de estruturas ou xéneros, nin de rexistros.
Emanciparnos na fala
Teño un presentimento emocional sobre o galego. A nosa fala continuará emancipando as raiceiras do noso espírito libre que ela inzou e nos ordenou en seu seo e nos pariu. E despois nos aleitou no medio hostil do ruralismo, no que nos conformou comunidade ampliada no común dunha conformidade singular, na que se entronizaron as esencias que orixinaron unha individualidade antropolóxica común, onde a fala se converteu na expresión mais lexíbel dunha comunidade estábel que veu a naturalizar a nosa nación. A propósito, non falamos de atributos ou de subxacencias formativas que emerxeron dunha antropoloxía que confirmou o estar no ser.
De blogues.12
Fala Rexina Vega (desde disimulen.com), 20/05/2013, por Xabier Cordal en Centeás
Falarás a nossa língua!, 13/05/2013, por Séchu Sende en Made in Galiza
E o mercado, Xavier?, 28/06/2013, por Alfredo Ferreiro, Levantador de Minas
Hoxe en ViaV, 05/07/2013, por Carlos Callón no seu blogue
Lingua do P: «twelve points», «douze points», 20/07/2013, en Xogos de lingua
Onte 680: A escola, para ser escola, debe ser pública, 23/07/2013, por Manuel Bragado en Brétemas
Sopas galegas, 01/09/2013, por Carlos L. Medrano en Xogos de lingua
O sesquipedalismo de loito, 04/09/2013, por Carlos L. Medrano en Xogos de lingua
Falarás a nossa língua!, 13/05/2013, por Séchu Sende en Made in Galiza
E o mercado, Xavier?, 28/06/2013, por Alfredo Ferreiro, Levantador de Minas
Hoxe en ViaV, 05/07/2013, por Carlos Callón no seu blogue
Lingua do P: «twelve points», «douze points», 20/07/2013, en Xogos de lingua
Onte 680: A escola, para ser escola, debe ser pública, 23/07/2013, por Manuel Bragado en Brétemas
Sopas galegas, 01/09/2013, por Carlos L. Medrano en Xogos de lingua
O sesquipedalismo de loito, 04/09/2013, por Carlos L. Medrano en Xogos de lingua
sábado, 7 de setembro de 2013
A navalla de Manuel a Paco Martín
por David Otero no dixital A Voz de Vilalba:
Non hai pegha. Cada ano desde o ano cinco deste século e xustamente o oito de setembro, logo do acto de cabodano, a afectos e lealdades, de Manuel María, coa presenza de tantas e de tantos e en especial de Saleta e outros membros da Fundación Manuel María, alí na Campa de Outeiro de Rei, con ofrenda floral e poética e despois cantando a unha voz o poema O Carro musicado por Mini e Mero ( estando tamén os cantores Tino Vaz, Miro Casabella, Quintas Canella e o gaiteiro nubeiro Raul Galego), collemos e imos á carballeira da Sta Isabel, lugar determinado a moi significado para o noso poeta nacional e de advocación por tal,ben sabida por todas e todos nós.Pois ben, alí ao andar das augas do río pai Miño ( con fillo ilustre de cerca o reghato do Cepelo), ano a ano e de man a man, a cada delas máis xenerosas e merecentes, celebramos o acto de entrega da NAVALLA DE MANUEL MARÍA, e así foron téndoa Alfonso B.Torrado, Mini e Mero, Camilo Gómez Torres, Avelino Pousa, Xulio Xiz, Darío X. Cabana, quen lles escribe, Valdi e este ano Paco Martín ( e direino tamén a chamo como no título de arriba PACO RAMÓN MARTÍN LAMOTE, decátanse o por que…?).
A voz de actualidade de Manuel María
por Xoán Carlos Domínguez Alberte no Sermos Galiza:
O sábado sete de setembro é un día feliz para a cultura galega. No seu lugar de nacemento, en Outeiro de Rei, inaugúrase a Casa Museo Manuel María. O completo e interesante programa de actividades pode consultarse no enlace dixital da Fundación Manuel María de Estudos Galegos: http://www.manuelmaria.com
venres, 6 de setembro de 2013
Normalización entre parafusos
Que á normalización lingüística no ámbito comercial lle queda todo por facer queda demostrado na necesidade de poñer aquí este vídeo sobre o que podemos atopar nos andeis da Ferretería Fuente. O vídeo non tería sentido se realmente o proceso normalizador estivera mínimamente asentado.
xoves, 5 de setembro de 2013
Recompilación sobre Díaz Castro
Tiña no caixón do blogue todo un listado de ligazóns sobre Xosé María Díaz Castro que me fixo ilusión revisar.
Día das Letras Galegas a Díaz Castro, 21/06/2013, RAG
Convivindo con Díaz Castro, 22/06/2013, por Armando Requeixo en Criticalia
O día no que Lois Pereiro e Xosé Díaz Castro se desvirtualizaron, 22/06/2013, por Xosé M. Pereiro en Si home si
Un poeta feito en Guitiriz, 23/06/2013, por Alfonso Blanco Torrado, A Voz de Vilalba
Díaz Castro: luz e sombra radiantes, 23/06/2013, por Luís Blanco Tosar en La Voz de Galicia
A luz de Díaz Castro, 24/06/2013, por Manuel Bragado en Brétemas
Díaz Castro, 26/06/2013, por Ramón Nicoclás no Caderno da crítica
Diario Cultural de Díaz Castro, 28/06/2013, por Armando Requeixo en Criticalia
O poeta das cousas pequenas, 02/07/2013, por Cristina Pérez, El Progreso
Proxecto NIMBOS, 10/07/203,por Martin Pawley en Acto de Primavera
Díaz Castro 2014, 10/06/2013, por Armando Requeixo en Criticalia
Polos versos nimbados de Díaz Castro, 24/06/2013, por Xosé Lois García, Galicia Hoxe
A beleza feriume para sempre,16/07/2013, por Raúl Rio Díaz en Terra e Tempo
2014: Ano de Díaz Castro, 23/06/2013 por Xulio Xiz, A Voz de Vilalba
O instante eterno, documental sobre Xosé María Díaz Castro, 22/07/2013, AELG
Día das Letras Galegas a Díaz Castro, 21/06/2013, RAG
Convivindo con Díaz Castro, 22/06/2013, por Armando Requeixo en Criticalia
O día no que Lois Pereiro e Xosé Díaz Castro se desvirtualizaron, 22/06/2013, por Xosé M. Pereiro en Si home si
Un poeta feito en Guitiriz, 23/06/2013, por Alfonso Blanco Torrado, A Voz de Vilalba
Díaz Castro: luz e sombra radiantes, 23/06/2013, por Luís Blanco Tosar en La Voz de Galicia
A luz de Díaz Castro, 24/06/2013, por Manuel Bragado en Brétemas
Díaz Castro, 26/06/2013, por Ramón Nicoclás no Caderno da crítica
Diario Cultural de Díaz Castro, 28/06/2013, por Armando Requeixo en Criticalia
O poeta das cousas pequenas, 02/07/2013, por Cristina Pérez, El Progreso
Proxecto NIMBOS, 10/07/203,por Martin Pawley en Acto de Primavera
Díaz Castro 2014, 10/06/2013, por Armando Requeixo en Criticalia
Polos versos nimbados de Díaz Castro, 24/06/2013, por Xosé Lois García, Galicia Hoxe
A beleza feriume para sempre,16/07/2013, por Raúl Rio Díaz en Terra e Tempo
2014: Ano de Díaz Castro, 23/06/2013 por Xulio Xiz, A Voz de Vilalba
O instante eterno, documental sobre Xosé María Díaz Castro, 22/07/2013, AELG
mércores, 4 de setembro de 2013
Negra sombra
Bo vídeo para comenzar un novo curso...
Polo menos é un bo vídeo cunha boa canción da cantante de orixe palestina Najla Shami.
luns, 2 de setembro de 2013
O verdadeiro bilingüismo
por Xoán Antón Pérez Lema no xornal El Correo Gallego:
TEMOS QUE LEMBRAR seguido, no que atinxe á lingua, feitos evidentes e innegábeis. Como que o galego é a lingua propia de Galicia e dunha importante-e aínda maioritaría- parte da súa cidadanía. E, ademáis, a lingua oficial deste País, canda o castelán, na que teoricamente pódese desenvolver calquera actividade oficial e/ou privada e que entende todo o mundo en Galicia, falan e len case todos e escrebe xa unha ampla maioría. A maior abastanza, o galego e o portugués pertencen ao mesmo tronco lingüístico , o que garante na práctica unha plena comprensión dos 250 millóns de falantes desta lingua nos cinco continentes e convirte un galego verdadeiramente bilingúe que practique un bó inglés nun privilexiado europeo que manexará tres das máis faladas linguas do mundo.
sábado, 31 de agosto de 2013
Introdução à língua galega
Simpático vídeo que se anuncia como "introdução à língua galega para brasileiras e brasileiros. Aprendam a cumprimentar e a pedir uma dúzia de ovos na língua galega. Peguem lápis e papel porque aprender um novo idioma é sempre uma tarefa difícil"
xoves, 29 de agosto de 2013
Flatland
Escrito en 1884 por Edwin Abbott Abbott, Flatland, Unha Aventura en moitas dimensións, é unha novela satírica pero tamén é coñecida por facer uso das propiedades matemáticas das figuras en diversas dimensións. O protagonista, un cadrado no mundo bidimensional. Comenza describíndonos a sociedade e as leis que rexen o seu mundo. Despois de soñar cun mundo unidimensional é transportado a outro tridimensional onde se cuestiona a existencia de catro, cinco, ou máis dimensións.
Recollo aquí a serie de 8 vídeos traducida ao porltugués:
Episodio 1
Episodio 2
Episodio 3
Episodio 4
Episodio 5
Episodio 6
Episodio 7
Episodio 8
mércores, 28 de agosto de 2013
Lingua e mocidade
Entrevistas ao alumnado e ao profesorado sobre a situación da lingua galega e o Equipo de Normalización do IES Rodeira (Cangas). Destácase sobre todo a importancia e a dificultade de atopar espazos de uso para o galego.
Non é a primeira vez que recollemos aquí un vídeo do IES Rodeira , lembremos o cariño de Carmiña, a profesora de matemáticas canaria e o seu cariño ao galego.
martes, 27 de agosto de 2013
Si un sol alumne ho demana
Un polémico auto do Tribunal Superior de Justícia de Catalunya indicaba que se debería impartir a clase en castelán se só un alumno o requería. Con esta decisión volvía a cuestionarse o modelo lingüistico escolar de Cataluña ao tempo que a sociedade mostraba a súa indignación polo novo ataque á súa lingua.
O punto central da cuestión non está en que un alumno teña dereito a recibir clase en castelán, dereito que xa tiña garantido, senón, que o seu desexo deba impoñerse ao resto dos compañeiros que, polo que se ve nin teñen ningún dereito. Velaí outra vez o racismo lingüístico, onde unha lingua, o español, está impoñéndosenos ás outras do estado. Sobra comentar que a situación no ensino da lingua galega é incomparablemente peor á do catalán. Entre outras cousas porque na TVG non emiten documentais coma este, programado pola TV3.
sábado, 24 de agosto de 2013
Xotramu: xogos tradicionais
Xotramu (Xogos Tradicionais de Muimenta) leva tempo xa no labor de recuperar os xogos tradicionais galegos. Neste vídeo temos algúns aspectos da V edición da Festa de Xogos Tradicionais. Nel explícanse as regras dalgúns deses xogos.
Xotramu ten recompilados máis de 40 xogos tradicionais. Dalgúns deles temos incluso a descripción en vídeo como é o caso da porca, dos bólos ao canteiro, a malha, o zurriagazo, ou outros
Se trouxen ata aquí as actividades de recuperación dos xogos tradicionais realizadas por Xotramu é máis que nada porque se trata tamén da recuperación da nosa identidade e de algo fundamental e que os de Muimenta nos poden ensinar a todos: a transmisión do saber cultural ás novas xeneracións.
A perda dos xogos tradicionais é paralela a outra perda maior e que a contén. É a perda da nosa identidade e dos nosos valores culturais. En Galicia temos completamente abandonado o coidado de nós mesmos, o amor propio. Este desleixo é tanto como a morte en vida.
xoves, 22 de agosto de 2013
A palabra do día
Nesta aplicación aparece unha nova palabra ou construción en inglés cada día xunto coa súa pronuncia e un exemplo de uso xunto coa súa tradución ao portugués.
Unha forma de que os galegos poidamos achegarnos ao inglés. Non se se a isto na Consellería de Educación lle chamarían plurilingüismo.
luns, 19 de agosto de 2013
Orella pendella. Chuchurruchú vs. touporroutou
Orella pendella é o portal da literatura popular infantil de Galicia mantido por Carlos Yus. O seu obxectivo é que este noso patrimonio siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI. A razón de ser deste proxecto é que debido ós cambios producidos nas formas de vida e nas actividades de lecer dos rapaces e rapazas, corremos o perigo de perder esta riqueza definitivamente.
Orella pendella pon o foco onde nun punto fundamental pero moi pouco coidado na normalización lingüística e nada traballado desde a administración: a transmisión interxeneracional. A contribución da Xunta neste aspecto consistiu nun decreto que deixou prácticamente a cero o ensino infantil en galego na maior parte das escolas.
Como o que eu atopei na Orella pendella foron pequenas e agradables sorpresas, véxome na obriga de recomendar un pausado paseo por este portal. Por poñer un par de exemplo, eu un bater con este recitado que tiña esquecido, e que me contaban cando era cativo en Ribeira. Na variante que eu coñecía, no canto dun diálogo cunha terceira persoa no chuchurruchú ¿a onde vai a vella?, lembro outro no que o diálogo era coa propia vella e con outro retrouso: touporroutou, a onde vas vella?
Tamén teño esta variante de recitado para aloumiñar, desta volta da Estrada, para xogar coas criaturas:
Este queixo, queixolán
esta boca pide pan,
este ollo "pispirete",
este, irmau deste,
este "naris", "narisete",
Arríncohe! cabalete
Explicación:
Mentres di o recitado, o adulto acaricia as partes do corpo nomeadas facendo círculos co dedo indicador. No último verso fai coma quen que lle arrinca o naríz
Orella pendella pon o foco onde nun punto fundamental pero moi pouco coidado na normalización lingüística e nada traballado desde a administración: a transmisión interxeneracional. A contribución da Xunta neste aspecto consistiu nun decreto que deixou prácticamente a cero o ensino infantil en galego na maior parte das escolas.
Como o que eu atopei na Orella pendella foron pequenas e agradables sorpresas, véxome na obriga de recomendar un pausado paseo por este portal. Por poñer un par de exemplo, eu un bater con este recitado que tiña esquecido, e que me contaban cando era cativo en Ribeira. Na variante que eu coñecía, no canto dun diálogo cunha terceira persoa no chuchurruchú ¿a onde vai a vella?, lembro outro no que o diálogo era coa propia vella e con outro retrouso: touporroutou, a onde vas vella?
Tamén teño esta variante de recitado para aloumiñar, desta volta da Estrada, para xogar coas criaturas:
Este queixo, queixolán
esta boca pide pan,
este ollo "pispirete",
este, irmau deste,
este "naris", "narisete",
Arríncohe! cabalete
Explicación:
Mentres di o recitado, o adulto acaricia as partes do corpo nomeadas facendo círculos co dedo indicador. No último verso fai coma quen que lle arrinca o naríz
sábado, 17 de agosto de 2013
SurfGZ
Unha canle para Noticias galegas de surf, longboard, bodyboard e paddle surf, iso é SurfGZ
Trátase dun portal moi completo, no que se poden seguir as novas desta curiosa modalidade deportiva de moitas formas distintas. Por poñer un exemplo ten a posibilidade de buscar as novidades en formato blogue.
Chama a atención a gran cantidade de entidades de empresas amigas que axudan a esta actividade.
Unha actividade promocionada polos surferos galegos é a chamada á ecoloxía con iniciativas tales como limpeza de praias ou o apoio á iniciativa para declarar o Monte Pindo como Parque Natural
A un que vive completamente alonxado deste mundo alégralle especialmente que a xente do surf galego viva a súa a afición na nosa lingua.
Etiquetas:
deporte,
lecer,
Normalización,
vídeo,
web
xoves, 15 de agosto de 2013
Arte & Matemática
Documental dirigido por Sérgio Zeigler, realizado pola TV Cultura e TV Escola.
Neste blogue podemos acceder a unha breve descrición dos 13 programas desta serie, acompañados todos dunha ligazón desde a que podemos descargar o vídeo, aínda que non é dificil atopalos en diversas canles de You Tube.
Neste primeiro capitulo da serie explícanse os principais conceptos a desenvolver. A idea subxacente é que as matemáticas son unha forma de expresión inherente á especie humana.
luns, 12 de agosto de 2013
Minuto da física: E=mc² está Incompleta
Como estamos vivindo baixo esta bafarada apestosa e insoportable chamada decreto para o plurilingüismo, que prohibe impartir aulas de ciencias en galego, resulta que é imposible acceder a materiais para o ensino non universitario en galego (o universitario sempre estivo protexido contra o galego e non precisa destes muros). Para dar algo de aire cómpre que tomemos como nosos os recursos que nos achega a lusofonía.
Supoño que de moitos é coñecido a canle MinutePhisics, e que podemos ver eses vídeos con subtítulos en moitas linguas. Nalgún caso acharemos algún vídeo, como o que explica por que a noite é escura, coa posibilidade de seguilo subtitulado en galego (apareceranos por defecto esta opción se temos o YouTube configurado en galego). Máis probable é dar cos subtítulos en portugués, ou incluso teremos a posibilidade, que de certo se irá ampliando cada vez máis, de acceder a vídeos como o que se presenta aquí, da canle MinutoDaFísica, que podemos seguir completamente en portugués.
Xa lle vou collendo eu o punto ao plurilingüismo ese.
P.S.: se escollín este vídeo precisamente foi pola fermosísima maneira en que se fai uso do teorema de Pitágoras para explicar un tema científico. Xa o dicía Galileo: "a naturaleza é un libro que está escrito en linguaxe matemática"
sábado, 10 de agosto de 2013
GZmusica
Velaquí a súa presentación:
Somos unha nova web dedicada á música galega e pretendemos achegarvos información sobre todo o que acontece arredor das músicas do país. Atrás da páxina estamos vari@s apaixonad@s da nosa música, pero queremos ser cen mil!!! Se queres, ti tamén podes ser GZmúsica.Un portal web, música, vídeos, infomación sobre concertos, eventos, artigos, canle de radio, festivais, críticas de discos, un cartafol cheo de música galega para descargar de balde,..é o webzine sobre a música galega, é GZmúsica
Tamén no facebook e en Twitter ou na súa propia canle de YouTube
xoves, 8 de agosto de 2013
Calcule mais: Noção intuitiva de limites
Vadeir Vioti, estudante de enxeñería, despois de coñecer o material da Khan Academy, pensou en que podía aproveitar esta idea para facer realidade o seu soño: ensinar matemáticas a persoas sen posibilidades económicas. Elaborou así 600 vídeo aulas que hoxe son seguidas diariamente por máis de 4.000 persoas.
O portal de acceso é Calcule mais. Temos aquí unha enorme colección de materiais para o ensino mediante material audiovisual e que pode ser aproveitado desde Galicia por seren creados en portugués. Outra vez batemos de frente cunha posibilidade de aprendizaxe que o funesto decreto 79/2010 rexeitaría por tratarse de aprendermos matemáticas nunha lingua distinta do castelán.
luns, 5 de agosto de 2013
O exemplo chega de lonxe
Desde o 1987 véñen celbrándose cursos de lingua e literatura galega para estranxeiros na USC.
Estes cursos constitúen un privilexiado espazo no que estudantes de todo o mundo se afanan por aprender a lingua de Galiza e o conxunto da nosa cultura. Os vídeos que se presentan aquí foron gravados por tres compañeiros dun instituto coa intención de elaborar unha ferramenta audiovisual que constribuíse á normalización do noso idioma e á eliminación dos prexuízos lingüísticos entre aqueles alumnos e alumnas que aínda non fixeron do galego a súa lingua de uso habitual.
Os autores dos documental declaran que "probablemente non exista un método máis eficaz para o desbotamento deses prexuízos que aínda atenazan a boa parte do estudantado galego, cá contemplación dun vídeo na que, por exemplo, unha húngara exprese as razóns que a moveron a estudar galego e que o faga cun coñecemento do noso idioma realmente envexable."
Coñeceremos a Katalin Gyulai (Hungría), Federigon Ghegin (Italia), Aurora Cosin (Valencia), Pavel Usov (Rusia), e a Eugenia Regina Romero (México)
Neste segundo vídeo, Manuel González, que no momento da gravación do vídeo era o director dos cursos que a USC impartía a estranxeiros, explica a trascendencia destes cursos. Tamén podemos escoitar unha moza galego-falante que non é precisamente de Burela .
No terceiro vídeo: Eugenia Regina Romero, Katalin Gyulai e Aurora Casín
Aurora Cosín, Elvyne Goulmant, Federico Ghegin falan das súas cidades. Katalin Gyulai, Federigo Ghegin, Aurora Cosin falan de literatura galega. Finalmente podemos escoitar as preocupacións destes estudantes polo esfarelamento das identidades colectivas de lugares como Normandía
A polaca Paulina Ceremuszynska cántanos en galego,.. e a despedida.
Dende hai varios anos a Universidade de Santiago de Compostela vén organizando os Cursos de galego para estranxeiros. Estes cursos constitúen un privilexiado espazo no que estudantes de todo o mundo se afanan por aprender a lingua de Galiza e o conxunto da nosa cultura.
Hai xa algún tempo tres compañeiros de instituto gravamos unha reportaxe sobre estes cursos. Dado que os que realizamos o vídeo traballamos no ensino, a nosa intención era elaborar unha ferramenta audiovisual que constribuíse á normalización do noso idioma e á eliminación dos prexuízos lingüísticos entre aqueles alumnos e alumnas que aínda non fixeron do galego a súa lingua de uso habitual. Probablemente non exista un método máis eficaz para o desbotamento deses prexuízos que aínda atenazan a boa parte do estudantado galego, cá contemplación dun vídeo na que, por exemplo, unha húngara exprese as razóns que a moveron a estudar galego e que o faga cun coñecemento do noso idioma realmente envexable. Ogallá vos guste e moitas grazas aos amigos estranxeiros, pero xa fillos de Galiza, que participaron no documental.
sábado, 3 de agosto de 2013
Táboas
Aínda que a min iso do deporte me colla moi lonxe, hai xa tempo que teño o deber de me referir a un medio centrado no deporte galego e, o que é máis importante, redactado en galego. Trátase de Táboas, dixital que invito a que sigan os atolondrados por iso do xogo.
As intencións do Equipo Táboas son merecentes de gabanza:
Pódense seguir desde a súas actualizadísimas contas de facebook ou Twitter
As intencións do Equipo Táboas son merecentes de gabanza:
“once homes de pantalón curto que son a espada do barrio, a cidade ou a nación”. Dende Táboas queremos ser eses reporteiros de guerra que traian as noticias dos heroes do deporte galego, tanto do propio fútbol como do baloncesto ou o hóckey. Sexan galegos ou estranxeiros, xoguen no noso país ou nas antípodas; en Táboas, todos os deportes e os seus protagonistas atopan o equilibrio
Pódense seguir desde a súas actualizadísimas contas de facebook ou Twitter
xoves, 1 de agosto de 2013
por Mercedes Queixas Zas, no Sermos Galiza:
De entre todas as puntuais citas que cada ano convocan ao sector sociocultural vertebrado ao redor da industria que xera e promove o libro e a lectura hai unha que ten unha identidade ben definida: a entrega do Premio Biblos-Pazos de Galicia.
A soma das medidas dos ângulos em um triângulo é 180°. Ciencias en portugués.
Noutra entrada anterior xa falamos do material da Khan Academy traducido ao portugués por Portugal Telecom e que está a ser divulgado pola Sociedade Portuguesa de Matemática.
Daquela, nese portal dispoñíamos de 70 vídeos traducidos ao portugués.
Agora fun dar con outro portal que debe ter aproximadamente uns 300 vídeos da Khan Academy tamén traducidos ao portugués por medio da Fundação Lemann. Ademais hai outros poucos centos de vídeos de bioloxía, física e química. Todo un mundo de utilidades para ese mundo arrasado polo decreto para o plurilingüismo que é o ensino das materias de ciencias en galego.
Escollín para esta entrada a demostración de que a suma dos ángulos dun triángulo é de 180º, un teorema que é equivalente ao V postulado de Euclides. A aventura deste teorema no transcurso da historia levaríanos a facer un repaso da xeometría desde a antigüidade ata o desenvolvemento da teoría da relatividade no século XX. Hai un libro, marabilloso, que trata xustamente esta idea: Historias de espacio, de Jaremy Gray, editado por Mondadori (1992).
mércores, 31 de xullo de 2013
Caderno Verde vs. decreto 79/2010
O Caderno Verde é un proxecto de SOGAMA no que se nos achegan diversos materiais para traballar nas aulas de infantil e primaria as boas prácticas medioambientais.
Para facilitar o traballo esta aplicación permitiranos acceder tanto ao material descargable por nível de coñecemento (infantil ou ciclos de primaria) como pola materia en que se pode aplicar (educación artística, inglés, coñecemento do medio,matemáticas ...). Un material traballado e ben presentado que conta coa colaboración do portal Botóns.
Non podo deixar de comentar que estamos diante doutra demostración da esquizofrenia da Xunta, quen por unha banda colabora no mantemento deste proxecto, pero pola outra é quen prohibe parte do propio material que se distribúe pois os tópicos de matemáticas cometen o pecado de viren redactados en galego. Máis unha evidencia do enorme disparate que é o decreto 79/2010.
Para facilitar o traballo esta aplicación permitiranos acceder tanto ao material descargable por nível de coñecemento (infantil ou ciclos de primaria) como pola materia en que se pode aplicar (educación artística, inglés, coñecemento do medio,matemáticas ...). Un material traballado e ben presentado que conta coa colaboración do portal Botóns.
Non podo deixar de comentar que estamos diante doutra demostración da esquizofrenia da Xunta, quen por unha banda colabora no mantemento deste proxecto, pero pola outra é quen prohibe parte do propio material que se distribúe pois os tópicos de matemáticas cometen o pecado de viren redactados en galego. Máis unha evidencia do enorme disparate que é o decreto 79/2010.
martes, 30 de xullo de 2013
Informe de Prolingua sobre a actividade do valedor do pobo en 2012
O pasado mes de maio Prolingua emitía este triste informe sobre a actividade do Valedor do Pobo na área de política lingüística.
Ademais das conclusións avanzadas por Prolingua, ocórrese unha anotación máis sobre o escaso uso da cidadanía sobre as reclamacións sobre cuestións lingüísticas ao Valedor. As mensaxes mandadas desde esta institución á sociedade galega explican en boa medida por que non se lle reclama sobre a escasa presenza do galego. Lembremos o caso do libro censurado polo Valedor, ou a reclamación que eu mesmo lle fixen sobre o insistente uso que fai o concello de Ribeira do topónimo deturpado. Para ver como funciona a oficina do Valedor, neste último asunto, o Valedor xustifica que se conculque a LNL e o uso deturpado do topónimo xa que o SNL do concello de Ribeira instou á Comisión de Toponimia a que asuman como oficial o topónimo deturpado!
Polo resto, fago miñas as conclusións de Prolingua sobre a actividade do Valedor en relación na área de política lingüística:
a lingua ocupa un escaso lugar non só dentro do informe, senón tamén na área no que o noso idioma está tratado. Máis aínda, dentro da política lingüística abórdanse temas que nada teñen que ver coa defensa dalingua, como as reclamacións presentadas sobre convalidacións cos niveis do CELGA.
Chama poderosamente a atención que seguen existindo cidadáns que senten conculcados os seus dereitos por non atoparen algún documento en castelán.
Se cadra non resulte demasiado arriscado supoñer que o descoñecemento evidente que a cidadanía ten desta institución e, en consecuencia, a pouca utilidade que se lle concede estea, en boa parte, motivada polo que podería parecer escaso interese do propio organismo en se dar a coñecer o suficiente entre as xentes do común.
Polo que toca á lingua parece obvio que a maior parte das cuestións que ao valedor chegan, por máis que sexan individuais, deixan adiviñar moitas veces a presenza de condutos organizados, nun ou noutro sentido, como son os casos do Instituto Virxe dos Ollos Grandes e mais o Concello de Lugo, que se repiten sempre nos mesmo termos.
En resumo, un triste informe do que se podería tirar a conclusión de que estamos nunha situación normal polo reducido número de queixas que presenta a cidadanía e que, pola contra, non pode agachar un certo grao de desleixo por parte dos poderes públicos.
luns, 29 de xullo de 2013
Galega desde o cariño
Encantoume o título desta entrada, "Galega desde o cariño" que vin no blogue lingualiza do Equipo de Normalización do IES Rodeira (Cangas). Disfrutei escoitando esta entrevista, feita nun ambiente relaxado, moi distinta do que esperamos dun vídeo que nos chega dun centro de ensino. Desde o principio o salón que vemos neste audiovisual convértese no salón na nosa casa. Gocei infinitamente cando ao escoitar que a entrevistada, a profesora de matemáticas de orixe canaria, Carmen de las Casas, respondía ao nome de Carmiña.
Ana, Nerea e Luís son os que lle fan as preguntas as preguntas a Carmiña sobre como foi o proceso de descubrimento de Galicia, un descubrimento que segundo a profesora comprobou con sorpresa, mesmo lle é alleo a moitos galegos. Carmiña fala da nosa cultura, especialmente da nosa lingua, da impartición das clases de matemáticas en galego, e sobre todo do cariño que sinte polo galego, sentimento que non achamos entre as autoridades da Consellería de Educación, cousa que se fai ben evidente ao premer o play deste vídeo.
domingo, 28 de xullo de 2013
Documental "150 anos de Cantares Gallegos" do CPI Uxio Novoneyra
Documental 150 Anos de "Cantares Gallegos" Unha homenaxe ao 150 aniversario da publicación do libro de Rosalía de Castro feita polos alumnos do CPI Uxío Novoneira de Pedrafita do Cebreiro, en colaboración co equipo de Dinamización Lingúística deste mismo centro.
Toda unha ledicia este enorme traballo que une cunha corda ben forte os nomes de Novoneyra e Rosalía.
sábado, 27 de xullo de 2013
O galego escurecido pola LOMCE
no Sermos Galiza:
Unha lectura serena e obxectiva do proxecto de lei da LOMCE interpretada baixo a luz da política educativa desenvolvida nos últimos anos en Galicia indícanos que hai unha grave pretensión de discriminación e, en última instancia, exclusión do galego no sistema educativo. Podemos achar múltiples evidencias de que isto é asi cando repasamos o articulado da LOMCE. Na súa redacción vemos como cada vez que se trata do dereito a cursar a materia de lingua galega, garántese a posibilidade de exención do mesmo. Non se predica a exención de ningunha outra materia o que fai á de lingua galega un saber de carácter especial o único do que será posible, e por lei, a súa ignorancia. Como esta discriminación lle parecera pouca ao lexislador, refórzase ao abrirlle a porta á exención tamén á avaliación na mesma materia. Con todo esta non é a única discriminación que se introduce mediante o proceso avaliador. A única forma de que un alumno pase de curso con tres materias suspensas vai darse no caso de que unha delas sexa, outra vez, a lingua galega. Isto será posible por a LOMCE integrar á lingua galega dentro do bloque de materias de libre configuración autonómica. Unha das cousas que máis chama a atención da LOMCE é que establece una xerarquía entre as materias, clasificadas en tres bloques. No bloque privilexiado encontramos á lingua española mentres que a galega fica rebaixada ao bloque das materias con menores garantías legais que son precisamente aquelas cuxo currículum corresponde á Xunta.
mércores, 24 de xullo de 2013
Díaz Castro: web e banda deseñada
Como vén sucedendo desde hai algúns anos, a cada escritor homenxeado no 17 de maio, ábreselle un portal web para difundir a súa vida e a súa obra. Éste será o caso se Xosé María Díaz Castro, o autor protagonista do Día das Letras do vindeiro ano.
Este espazo virtual, poetadiazcastro.com, está repartido en catro áreas principais. Unha adicada á vida, outra vén cargada de fotos, unha terceira á súa obra, e finalmente temos a autoría do traballo: a Asociación Cultural Xermolos.
Para achegaros á figura de Díaz Castro é unha boa ferramenta, como exemplo deixo aquí a banda deseñada "Xosé María Díaz Castro. Versos Guitiricencenses" realizada por Xavier Varela, e que podemos descargar nese mesmo portal. Estou seguro de que será aproveitada por moitos centros escolares.
Este espazo virtual, poetadiazcastro.com, está repartido en catro áreas principais. Unha adicada á vida, outra vén cargada de fotos, unha terceira á súa obra, e finalmente temos a autoría do traballo: a Asociación Cultural Xermolos.
Para achegaros á figura de Díaz Castro é unha boa ferramenta, como exemplo deixo aquí a banda deseñada "Xosé María Díaz Castro. Versos Guitiricencenses" realizada por Xavier Varela, e que podemos descargar nese mesmo portal. Estou seguro de que será aproveitada por moitos centros escolares.
martes, 23 de xullo de 2013
O instante eterno
Este vídeo sobre a obra e vida de Díaz Castro preséntase como un teaser, polo que é previsible que non sexa máis que un adianto dun proxecto de maior envergadura. No blogue da AELG explican todo o proceso deste documental que se pretende estrear en febreiro do 2014, coincidindo co centenario do nacemento de Díaz Castro. Recollo un retallo da anotación da AELG:
O obxectivo de O instante eterno é reflexionar sobre o proceso de creación artística de Díaz Castro, explorando un lento pero obstinado labor por acadar a excelencia en cada un dos seus versos, e que explica –en parte– que só publicase un libro en vidaNeste vídeo aparecen Alfonso Blanco (amigo e presidente da Asociación Cultural Xermolos), Félix Villares (docente no Seminario de Mondoñedo), Armando Requeixo (crítico literario), Xosé Luís Méndez Ferrín (ex-presidente da RAG, aínda que nos subtítulos do vídeo apareza aínda como presidente) e Raúl Río. (amigo). Nas vindeiras semanas realizarnse entrevistas a outras tres persoas moi vinculadas ao poeta.
luns, 22 de xullo de 2013
O lóxico, o tradicional e o futuro da lingua.
por Susana Méndez no Sermos Galiza:
Na Mesa pola Normalización Lingüística atopabámonos cunha denuncia dunha alumna da UNED, universidade pública onde se emprega a modalidade de ensino a distancia, abraiada porque nun dos manuais que tivo que estudar de cara ao exame dunha materia da carreira de xornalismo se recomendara a futur@s traballador@s dos medios de comunicación empregaren topónimos deturpados como *Orense, *Arteijo ou *Puenteareas baseándose en que son as formas tradicionais para designar as vilas de Ourense, Arteixo ou Ponteareas cando se unha expresa en español. De feito, as palabras textuais do manual en cuestión eran tal que “en España, muchos periódicos, cadenas de radio, televisión, etc., no radicados en Galicia utilizan la forma A Coruña, cuando lo lógico (a negriña é miña), en estos casos, es emplear el topónimo tradicional español: La Coruña”.
Fai un sol de carallo
Pois iso
Os Resentidos deberon facer este vídeo para este verán.
domingo, 21 de xullo de 2013
Incremento (das denuncias) dos ataques á lingua galega
Nas últimas semanas comprobamos que se incrementaron as denuncias de ataques diversos á lingua galega. Isto pode significar que o que aumenta realmente é a agresividade dos inimigos do galego. Estamos ante o recruamento da ofensiva anti-galega? Cada quen que tire as súas propias conclusións.
Para unha base sobre a cuestión, recollo algunhas das denuncias:
Para unha base sobre a cuestión, recollo algunhas das denuncias:
- A agrupación de Bergantiños da Mesa pola Normalización confirmou o desleixo do concello de Ponteceso que varios letreiros que hai no lugar do Couto, parroquia de Cospindo, nos que no canto de indicarnos o nomes oficiais O Couto e Igrexa do Couto, aparecen os de Couto e Iglesia O Couto. Se Pondal se levantara da súa tumba!
- A Consellería de Educación volveu a remitir aos centros de infantil unha consulta sobre a lingua para as familias en contra do estipulado na sentenza do TSXG sobre a ilegalidade de utilizar este tipo de metodoloxías para determinar a lingua do ensino e que na práctica significou unha redución do uso do galego a un ridículo 5% nas escolas das cidades galegas. A cuestión volve a estar nas mans da xustiza xa que a CIG-ensino denunciou o caso ante o TSXG.
- O goberno municipal de Cedeira coloca unha placa en castelán nun momumento adicado aos músicos coa desculpa de que, por deferencia, debe dirixirse aos veraneantes nesa lingua precisamente.
- Grazas á denuncia dunha alumna, soubemos que a UNED esixía o uso deturpado dos topónimos galegos. Incluso daba algúns exemplos: *Orense, *Mordor, *Arteijo, *Carballino ou *Poyo. Non se sabe de que haxa ata o momento rectificación ningunha por parte da UNED.
- En contra da normativa, a Deputación da Coruña está a colocar diversos sinais exclusivamente en castelán nas estradas da súa titularidade, indicando a necesidade de respectar os ciclistas e as distancias de seguridade. Ante este desprezo pola cidadanía, a Mesa pola Normalización foi quen denunciou a ilegalidade.
- O responsable da Mesa de Bergantiños denunciou ante o concello de Caión que na sinaléctica lese unicamente “Acceso playa”, “Excepto minusválidos y servicios” ou “Senda peatonal”. Como agravante, lembremos que xa hai tres anos Silvana Castro García xa o denunciara nun artigo de Terra e Tempo titulado "Da Laracha a *La Racha pasando por *Laracha: Da importancia de non quedar in media res"
- A Coordinadora de Profesionais do Audiovisual Galego denunciaron o dano que o modelo de produción da serie “El Faro” está a producir no sector. "El Faro" é un cubrón de 120 financiado nun 50% pola TVG que estará ambientada nun contexto no que deliberadamente se obvia calquera referencia á identidade cultural, e na que polo tanto, a lingua estará excluída.
- A empresa In Side Logistics presentou no Xulgado do Social da Coruña un recurso contra a demanda dunha traballadora polo seu despedimento alegando que está en galego, alegando que é un "defecto" que pode provocar indefensión. Pervértese unha vez máis a legalidade, cualificando como defecto o que tería que ser un dereito.
- Unha vez máis A Mesa e a Deputación da Coruña son os protagonistas doutra triste historia de desprezo da lingua galega. Segundo denunciou A Mesa, a Deputación da Coruña está a desenvolver en nove concellos (Aranga, Bergondo, Betanzos, Cesuras-Oza dos Ríos, Coirós, Curtis, Irixoa, Paderne e Sobrado) unha camapaña, Cada gota cuenta, de insensibilización do galego, na que se exclúe totalmente esta lingua, co reparto de autocolantes e folletos informativos como “Cada gota cuenta. Consejos de ahorro de agua en el hogar”, “Buenas prácticas para reducir los vertidos domésticos al sistema de saneamiento” ou “Saneamiento autónomo en las viviendas rurales”. Non se trata dun despiste da Deputación pois, por exemplo, o ano pasado desenvolvéronse varias xornadas ([1], [2] e [3]) onde do galego destacaba pola súa ausencia. E iso que a práctica totalidade dos ponentes procedían das universidades galegas ou do goberno (da Xunta).
- A Mesa pola Normalización recibiu queixas a través da Liña do Galego de usuarios do Museo Militar da Coruña que constataron como as entradas que se entregan a todos os visitantes deturpan o topónimo oficial denominándoo “Museo Militar La Coruña”. A asociación de defensa da lingua remitiulle cartas ao ministro de defensa e ao director do museo.
- P.S.: A Deputación da Coruña insta a un funcionario a non empregar o galego no seu traballo escrito e o presidente da entidade, Diego Calvo, xustifica a súa petición en que hai dificultades para implantar o galego no traballo escrito do rexistro xeral e que é mellor manter o uso do español. Vía Sermos Galiza
Día da Patria Galega, quen paga manda
por Xosé González no Galicia Confidencial:Din que o soñar non ten cancelas e que ademais é de balde. Eu imaxino as rúas compostelás ateigadas de xentes para acudiren ás distintas convocatorias do Día da Patria Galega.
sábado, 20 de xullo de 2013
O galego non é unha lingua local
por Víctor F. Freixanes en La Voz:
Veño do concerto de Uxía no Gaiás, no que a nosa cantante celebraba os seus primeiros 25 anos de actividade artística, dentro do ciclo ?Pel de galiña. Música que emociona?, ciclo no que se recollen voces de distintas linguas e culturas do mundo. No escenario, unha estimulante mestura (alianza): brasileiros, portugueses e galegos. Hai tempo que Uxía traballa nesta dirección: a voz alentejana de Antonio Zambujo (¡que ben soa a Rianxeira compartida!), o ritmo trepidante de Paulo Silva e Sergio Tannus, a saudade do acordeón de Xoán Porto, a frauta melancólica de Budiño, e as voces, as falas, a fraternidade de moitas horas de traballo, viaxes, complicidade, descubertas... Non se ama o que non se coñece, e un dos problemas graves que temos entre nós (cara a dentro e cara a fóra) é o descoñecemento mutuo, froito ás veces dos prexuizos, que nos tollen, ou da preguiza.
venres, 19 de xullo de 2013
Tornarem
Tornarem é o novo videoclip do grupo catalán Xeic! no que fan unha defensa enérxica e decidida do catalán. Para reforzar a mensaxe contaron para este vídeo coa participación de diversas personalidades da música, as letras e os medios, unha pluralidade de voces que reclaman a defensa da lingua catalana.
Asegúrovos que se vedes os 10 primeiros segundos, xa non poderedes deixalo ata o final.
xoves, 18 de xullo de 2013
A beleza feriume para sempre
por Raúl Rio Díaz en Terra e Tempo:A Real Academia Galega decidiu dedicarlle o Día Das Letras Galegas do ano que ven ao autor de Nimbos, Xosé María Díaz Castro, un poeta nacido en 1914 no seo dunha familia campesiña na aldea do Vilariño, nos Vilares de Guitiriz da Terra Chá. A pesar de nacer na mesma parroquia, eu non o puiden coñecer até que se xubilou e, como Ulises, volveu a súa Ítaca natal. Foi no ano 1985, na casa habanera de Guitiriz, cando Manuel María veu ler o Pregón do Festival de Pardiñas. Lembro vagamente oírlle a meu pai, sendo eu neno, que un fillo de Cidro do Vilariño gañara un premio en Betanzos con un poema sobre a muller betanceira e por facer un cántico a esa cidade, pero non volvín oír falar deste poeta que vivía en Madrid e tiña o corazón en Galiza até que lle fixen unha visita ao cantor da Terra Chá en Monforte, aló polo ano 1982. Faloume del e da calidade da súa poesía e a partir daquela foi cando me interesei por coñecer Nimbos, o único libro que publicou en vida. Despois, cando o coñecín persoalmente, trabamos unha grande amizade que solo puido tronzar a súa morte, acaecida en Lugo en 1990.
Contracorrente
Videoclip dirixido por Gonzalo Enríque Veloso con imaxe de Santiago Teijelo, da canción escrita por Clara Pino e alumnado de 2º de ESO A, B, C e 3º de ESO C do IES Xelmírez I, con música de Clara Pino e Pablo Vidal e traducida a lingua de signos por Tareixa Martínez.
Vía @CGENDL
martes, 16 de xullo de 2013
A LOMCE, letal para o ensino público galego
por Anxo Louzao, no Sermos Galiza:
En primeiro lugar, quero agradecerlle ao Bloque Nacionalista Galego a invitación para comparecer nesta comisión e ter a posibilidade de expoñer a nosa opinión sobre a LOMCE. Procuraremos, na medida do posible e tendo en conta o tempo do que dispoñemos, expoñer as razóns que ten a Confederación Intersindical Galega (CIG-Ensino), organización maioritaria no ensino en Galicia, para rexeitar na súa totalidade esta proposta de lei. A miña exposición se fundamenta tamén nas propostas da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, a través da cal canalizáronse numerosas e concorridas mobilizacións e accións en contra da LOMCE
Recitado de Rosalía en 13 linguas
Rosalía de Castro en inglés, español, catalán, euskera, grego, árabe, alemán, serbio, francés, latín, coreano, portugués e por suposto, en galego. O poema Quíxente tanto meniña recitado en todas esas linguas pola rapazada do IES Cañada Blanch de Londres.
sábado, 13 de xullo de 2013
Leite gordo, leite 100% galego
Por esta nova de Praza Pública cheguei ao vídeo que se presenta aquí: Leite gordo. Os autores foron os da Gentalha do Pichel, quen fixeron as gravacións entre decembro do 2012 e o presente mes de xullo no mercado de Compostela.
Unha boa maneira de avergoñar ao goberno galego, que pula por destrozar e desprezar a lingua (estoume a referir á galega). Comparemos este vídeo coa lamaguenta campaña de GalLega 100 por cen
Máis neste blogue :
Se é leite, é galego por Francisco Xosé Rei García en Terra e Tempo
Blanca e... en cartón? por Cris Moss no Xornal
Tuneando o "gallega cien por cien"
100% anti-galega
Un erro na marca galega do leite por Cris Moss no Xornal
Gal(L)ega 100% por Xavier López López en A Nosa Terra
venres, 12 de xullo de 2013
Couto Mixto. Memoria da fronteira
por Xosé González Martínez, en Galicia Confidencial:
Pola volta do próximo día 13 volverémonos ver en Santiago de Rubiás varios centos de amigos e curiosos co gallo da festa que convoca a Asociación de Amigos do Couto Mixto. Celebrarase o acto tradicional de nomeamento dos Xuíces Honorarios e lembranza da historia daquelas terras que durante moitos séculos gozaron dun estatuto xurídico idéntico ó de Andorra.
Playa Major en Sanxenxo
A conta de Twitter do Concello de Sanxenxo usa en exclusiva o español. Natural? Normal? A resposta de por que o fan así podédela ver aquí: "Sanxenxo es un municipio de turismo español, como nos indican los informes y estadísticas de las que disponemos"
Un par de horas despois desde a conta de Twitter rectificaron e botaron o seu primeiro chío en galego: "Xa que temos tantos seguidores galego-falantes a partires de agora tuitearemos nas dúas línguas oficiáis de Galicia e non só nunha delas" . Parecen sorprendidos de que, sendo a conta oficial dun concello galego, teñan tantos seguidores galegófonos. Esta redacción dános a medida dos prexuízos instalados na oficialidade dun concello que debería ser o primeiro promotor da lingua de noso. Esperemos que polo menos cumpran co prometido.
Pero resulta que na conta de facebook dese mesmo concello pasa exactamente o mesmo: todas as mensaxes aparecen exclusivamente en castelán...
Pero é que ademais o seu portal web fai exactamente o mesmo. Se clicamos na opción para ver o portal en galego aparécenos a seguinte mensaxe: en construcción [sic], a mesma que se intentamos visualizar a pantalla en alemán.
No súmmum do disparate, o web oficial do concello de Sanxenso ofrécennos información sobre lugares tales como a Playa Major, na parroquia de Noalla: "La playa de major se encuentra en el lugar del mismo nombre". Pódese comprobar que non é nada fácil pesquisar polo topónimo orixinal e o único que é oficial xa que, por exemplo, non se atopa no buscador de topónimos da Xunta. E se botamos man da información que sobre as parroquias nos dá o propio Concello, estamos aviados, porque volve aparecer o lugar de Major entre os da parroquia de Noalla.
Eu sospeito que, pola relación que vén na galipedia, o nome da praia será Magor.
Un par de horas despois desde a conta de Twitter rectificaron e botaron o seu primeiro chío en galego: "Xa que temos tantos seguidores galego-falantes a partires de agora tuitearemos nas dúas línguas oficiáis de Galicia e non só nunha delas" . Parecen sorprendidos de que, sendo a conta oficial dun concello galego, teñan tantos seguidores galegófonos. Esta redacción dános a medida dos prexuízos instalados na oficialidade dun concello que debería ser o primeiro promotor da lingua de noso. Esperemos que polo menos cumpran co prometido.
Pero resulta que na conta de facebook dese mesmo concello pasa exactamente o mesmo: todas as mensaxes aparecen exclusivamente en castelán...
Pero é que ademais o seu portal web fai exactamente o mesmo. Se clicamos na opción para ver o portal en galego aparécenos a seguinte mensaxe: en construcción [sic], a mesma que se intentamos visualizar a pantalla en alemán.
No súmmum do disparate, o web oficial do concello de Sanxenso ofrécennos información sobre lugares tales como a Playa Major, na parroquia de Noalla: "La playa de major se encuentra en el lugar del mismo nombre". Pódese comprobar que non é nada fácil pesquisar polo topónimo orixinal e o único que é oficial xa que, por exemplo, non se atopa no buscador de topónimos da Xunta. E se botamos man da información que sobre as parroquias nos dá o propio Concello, estamos aviados, porque volve aparecer o lugar de Major entre os da parroquia de Noalla.
Eu sospeito que, pola relación que vén na galipedia, o nome da praia será Magor.
Galicia en positivo
por Manuel Herminio Iglesias en La Región, vía Galeguizar Galicia
Cando os problemas soamente se perciben dende un único punto de vista e un grupo político asume a reivindicación dos mesmos, acontece con bastante frecuencia que ise grupo pretende monopolizar todo o que se refire ó tema en cuestión e, dende unha posición de certa prepotencia, dá carnés de autenticidade e dicta as formas de actuar. Pero, cando na solución do tema non se avanza, nace o vitimismo, actitude que non é, nin máis nin menos, que unha forma de desplazar as culpas ós demais, esquecendo as propias, o que ven amosar certa incapacidade para solucionar o asunto referido.
mércores, 10 de xullo de 2013
Os dereitos lingüísticos nas universidades galegas
Os dereitos lingüísticos na Universidade da Coruña from Servizo de Normalización Lingüística-Universidade da Coruña (SNL-UDC)
Desde os SNL das Universidades da Coruña e Santiago é fácil atopar información e servizos sobre os regulamentos sobre a lingua galega nesas universidades. Na primeira, ademais teñen feita a presentación que colgo aquí.
Desde os SNL das Universidades da Coruña e Santiago é fácil atopar información e servizos sobre os regulamentos sobre a lingua galega nesas universidades. Na primeira, ademais teñen feita a presentación que colgo aquí.
martes, 9 de xullo de 2013
Unha lingua transcontinental
por Xabier Alcalá, en La Voz:
As páxinas de Opinión de La Voz son escenario contemplado en toda Galicia e -vía web- na diáspora. Unha carta de Víctor Freixanes dirixida desde elas ao presidente da Academia produciu reaccións en cadea nas redes sociais telemáticas. Sendo tal carta un convite xeral, espero que sexan ben recibidas nesta sección as notas a seguir:
luns, 8 de xullo de 2013
Explicando-lhe a Víctor Freixanes por que eu som reintegracionista (I)
por Filipe Díez en Praza Pública:
Quero começar este artigo reiterando os parabéns que publicamente dei a Víctor Freixanes quando hai quatro semanas publicou, na sua coluna em LVG, o artigo Carta a Alonso Montero (para provocar um debate). Parabéns merecidos pola atitude humilde e autocrítica que mostra, ao se atrever a formular a pergunta essencial e ao fazê-lo sem qualquera retórica autojustificativa: “¿Cantas cousas fixemos mal (ou non fixemos ben) nestes trinta anos de democracia, autonomía e capacidade de decisión?”
domingo, 7 de xullo de 2013
Analise da LOMCE por Mariló Candedo
Conferencia de Mariló Candedo analizando o Anteproxecto da LOMCE, na xornada O Sistema Educativo na LOMCE, do 12/01/2013, organizada pola CIG-Ensino e a AS-PG.
Invito a quen pase por aquí a escoitar as atinadas reflexións de Mariló Candedo e fago outra invitación a facelo seguindo a presentación de power-point da conferencia que engado aquí abaixo. Toda unha clarifica
Un aviso, a pesar do reloxo, o tempo da conferencia é dun total de 50 minutos.
Para completar a xornada, un par de artigos da mesma autora en Praza Pública:
A propósito do tupperwert: Os menús da Lomce (I)
A propósito do tupperwert: Os menús da Lomce (II)
sábado, 6 de xullo de 2013
LOMCE: o asalto ao ensino público galego
Que é a LOMCE? Outra achega máis que recolle intervencións dunha charla organizada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público o pasado día 04/02/2013 en Vigo, xunto a infografías explicativas.
Que regresións vai supor para estudantes, profesorado e comunidade educativa? A que motivos obedece esta norma? Forma parte dunha estratexia máis ampla deseñada polo capital? Tentamos respostar estas cuestións no seguinte traballo audiovisual,
Interveñen:
- Bieito Lobariñas (CIG-Ensino)
- Carme Adán (BNG)
- Bertila Fernández (FOANPAS)
- Bea Fariñas (Liga Estudantil Galega)
- Dani Candal (Comités)
venres, 5 de xullo de 2013
IrmandadeTelevisión: A #LeiWert en debate
Tendo en conta que a LOMCE vai se un muro máis para a normalización lingüística, recollo aquí este programa da IrmandadeTelevisión no que se tratan as principais característica da LOMCE. Presentado por Aurélio Lopes conta coa participación de Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino; Laura Arjonilla, da Liga Estudantil Galega; Jurjo Torres, catedrático de Universidade Didáctica e Organización Escolar da UDC; e Fernando Lacaci, presidente da federación de AMPAS de Compostela.
xoves, 4 de xullo de 2013
O galego, a impunidade e a mentira
por Anxo Louzao, no Sermos Galiza:
Debo recoñecer que a estas alturas non é doado que haxa actuacións da Consellería de Educación que me resulten sorprendentes. Son tantas, permanentes e disparatadas as que levamos soportado que xa a un lle parece que está inmunizado ante tanta impostura, engano e demagoxia que emanan dunha Consellería que, baixo a batuta de Jesús Vázquez, usa constantemente, de maneira perversa, os medios institucionais e de comunicación e os recursos públicos para atacar o idioma e calumniar impunemente a organización maioritaria do profesorado galego, a CIG-Ensino. Mais a última deixoume abraiado.
mércores, 3 de xullo de 2013
Mellor, etiquetados en galego
por Xosé González, no Galicia Confidencial:
Que mellor iniciativa que identificar unha marca co territorio que certifica a denominación de orixe? As prestixiosas marcas de cervexas asócianse coa tradición cultural dos landers alemáns; os bos whiskis identificámolos coas campiñas verdes de Escocia; os perfumes, se as súas etiquetas rezan en francés non teñen dúbida; os consumidores saben que o viño verde elaborase no norte de Portugal, e asaltaríannos as dúbidas se un “Vega Sicialia” ten etiqueta en inglés. E así poderíamos ir citando as prestixiosas marcas que están nos mercados internacionais para convercérmonos que as linguas desa ampla oferta de produtos son certificados de autenticidade do País de orixe.
Celso Emilio, ferreiro das palabras aceirudas
Todos coñecemos o emocionante vídeo "Eu falarei" do Equipo de Normalización do IES de Chapela do que neste mesmo blogue temos falado máis dunha vez ([1], [2], [3]). Agora volven cun novo traballo, de factura moi distinta, o cal demostra a versatilidade dos membros do Equipo de Normalización que nesta ocasión contaron coa fundamental colaboración do Departamento de Música do centro.
O vídeo foi elaborado polos alumnos de 3º de ESO do IES de Chapela dirixidos polo Profesor Miguel Pérez. Logo de facer unha selección de poemas coa obxectivo de cubrir as distintas etapas da vida do poeta e da súa obra, traballouse co alumnado a comprensión e o recitado dos textos na clase de Música, graváronse as súas voces e finalmente engadiuse música e imaxes a todos os versos.
O traballo presentouse o pasado 20 de xuño de 2013, coa presenza de D. Luís Ferreiro Loredo, Director da Fundación Celso Emilio Ferreiro ([4], [5]). Este documental comenza co son da máquina de escribir do poeta e contínua co recitado dunha escolla dos seus poemas, e continúa o recital nun marabilloso documental de hora e cuarto ata un imperdible final na praia de Arealonga. "Chapela deitada frente ao mar, as súas palabras aceirudas, transcenden a súa morte, porque nin a morte nin a inxustiza acalan nunca a verdade, tal e como a dixo o poeta"
Máis información:
Chapela presenta o audiovisual "Celso Emilio, ferreiro das palabras aceirudas", 02/07/2013, Coordinadora ENDL Redondela
Audiovisual «Celso Emilio, ferreiro das palabras aceirudas», 02/07/2013, O Berete
martes, 2 de xullo de 2013
O catalán, o galego, e as linguas oficiais na Unión Europea
Onte, 01/07/2013, aproveitando o ingreso de Coracia na UE, e que así o croata pasaba a ser lingua oficial do organismo europeo, a Plataforma per la Llengua e a Fundació Vincle, divulgaron este vídeo no que denuncian que todas as linguas de dimensións semellantes á catalana xa son oficiais na UE. Porén non é así no caso catalán por vontade expresa dos gobernos españois. A Plataforma per la Llengua considera denigrante e vexatorio este trato.
O argumento vén sendo repetido polos grupos de defensa do catalán desde tempo atrás. Esta lingua conta con 10 millóns de falantes nun territorio de 13 millóns de habitantes. Compárase este caso co croata, lingua habitual de 4 millóns de persoas dun totalde 4,4 millóns de cidadáns. Tamén se fai referencia a outras realidades, como a do irlandés, lingua habitual de 77.000 persoas, proclamada como oficial no 2007, 34 anos despois do ingreso de Irlanda na CEE. Pero tamén hai outras linguas oficiais con poucos utentes como o maltés, con 300.000 falantes; un número 9 veces menor có galego.
Efectivamente, se aquí se destaca o caso do catalán, non podemos esquecer, tal e como di a RAG, que "o galego ten máis falantes que algunhas linguas oficiais europeas como eslovaco, esloveno, maltés, islandés e gaélico"
Actualmente o estatus do galego nas institucións europeas non permite botar moitos foguetes. Pódese usar nas sesións do Consello Europeo e no Comité das Rexións, sempre que se solicite con sete semanas de antelación e sen a posibilidade de que as respostas sexan traducidas ao galego. Toda unha garantía de dereitos!
No caso da cidadanía, nun principio garántese no papel que poida dirixirse en galego ás institucións europeas. Na realidade non é así. O procedemento consistiría en dirixirse á Oficina de Linguas Oficiais, un organismo creado no 2007 e que hoxe fica acubillado na Secretaría de Estado de Cooperación Territorial, sen posibilida ningunha de dirixírmonos a el. En tempos, a SXPL ofrecíanos a posibilidade de dirixímonos directamente mediante un correo do cidadán ás institución da UE. Actualmente esta posibilidade está morta.
Outra posibilidade que se anuncia de contacto en galego coas institucións europeas é a do Defensor do Pobo Europeo. Incluso se indica que tanto desde esta institución como desde calquera outra da UE, teriamos dereito a recibir a resposta en galego. Pero este presunto dereito non se materializa na realidade en forma algunha. Por exemplo, a oficina do Defensor do Pobo Europeo podería darnos a resposta en maltés, pero non en galego.
Etiquetas:
Anormalización,
catalán,
Europa,
SXPL,
vídeo
luns, 1 de xullo de 2013
Darlle á lingua
por Mecedes Queixas Zas no Sermos Galiza:
Recoñezo publicamente que levo tempo a madurar a idea de colocar en forma de texto impreso e ordenado os pensamentos que decote teimudamente me remoen.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













