Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 11 de xuño de 2012

O extraterreste e Agustín Fernández Paz

Imaxinemos por un momento que un habitante doutro planeta chega onda nós coa misión de remexer no mundo da normalización lingüística . Axiña había de atopar por todas partes referencias a unha persoa, a un traballador pola lingua e a súa dignificación. . O seu nome,  Agustín Fernández Paz, vén sendo algo así como unha bandeira e un escudo da dignidade e do orgullo do galego
Tal é a forza da súa figura que el foi a escolla necesaria para a elaboración do manifesto da manifestación de Queremos Galego do 17 de maio: Voares de esperanza. O resultado demostrou que tamén foi a mellor escolla.
E quen, senón Ferández Paz, podía ser o que, con lume no peito,  recollese o premio concedido pola a AELG aos Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino e aos Servizos de Normalización dos concellos?.
A traxectoria vital de Agustín Paz Andrade marca o desenvolvemento da normalización en Galicia. El mesmo relata esta complicada travesía na homenaxe que a CGENDL lle fixo con motivo da celebración dos 20 anos da existencia dos ENDL.
E agora vai recibir unha nova homenaxe, desta vez de ProLingua. Debíanlla. Non xa por ser membro destacado dela, senón por elevar a dignidade desta asociación aos máis altos cumes da ética cando nun inusual acto de compromiso rexeitou o Premio da Cultura. Fíxoo en coherencia co chamamento de ProLingua de non aceptar un galardón que tampouco aceptaría Rosalía.

Se ese extraterrestre finalmente se interesara pola normalización e se puxera a colaborar nela, cando se enfrentase a algún dilema sempre podería cuestionarse como actuaría Agustín Fernández Paz. Pode ser que non acertase coa resposta, pero polo menos tería ben establecida a pregunta.

Nota: para escribir esta mensaxe tomei como referencia  neste artigo(páx 85), de Fernández Paz.

2 comentarios:

  1. Teño a fortuna de ter aprendido a leer con el. Foi o meu mestre neses anos nos que tes a capacidade de abraiarte con todo. El nos abraiaba cada día: aprendiamos matemáticas serrando, pintando, cortando... aprendíamos ciencias saíndo ao monte e pillando cabezolos para ver como se transformaban en ras, e líamos, líamos moito, pero por pracer, por puro desfrute, eramos cativos que desfrutaban coa súa lingua, co seu entorno....gracias Agustín.

    ResponderEliminar
  2. Dasme algo de envexa.
    Acabas de demostrar como un comentario pode ser cen veces mellor que un post.
    Agradézocho un cento de veces.

    ResponderEliminar