O 29 de maio aparecía na enleada arañeira da rede unha nova proposta humorística e en galego. Trátase de enchufados.eu
Cada número que publican adícanllo a un tema. Sospeitaba que a non tardar moito tratarían dalgunha maneira a cuestión da lingua, e así foi. No terceiro número péganlle unha volta ao galego en internet. Pareceume éste o mellor momento para poñerlle unha referencia aquí pegando unha das súas achegas.
Ademais aproveito a ocasión para lembrar que hoxe ás 20:00 hai unha convocatoria para elevar a Tending Topic o hashtag #TwiterQuereGalego co fin reivindicar unha vez máis que o centro de tradución de Twiter escoite a queixa da comunidade galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario