Xosé Luís Regueira ingresará o vindeiro 2 de xuño na RAG (01/05/2012) no Dioivo
''Non hai razóns para que a gheada non se use na TVG'' (23/05/2012), Alberto Ramos entrevista a Xosé Luís Regueira para O Dioivo
Ingreso de Xosé Luís Regueira Fernández (02/06/2012) na RAG
''É unha honra entrar no senado da cultura da miña nación'' (03/06/2012) no Dioivo
Xosé Luís Regueira: ''Os mozos que se achegaron ao galego co Xabarín foron logo abandonados pola TVG''(03/06/2012) Marta Veiga entrevista a Xosé Luis Regueira para El Progreso
Xosé Luis Regueira defende a achega do galego á identidade social ao ingresar na RAG (03/06/2012) en Galicia Hoxe
"O galego chegou de maneira bastante normal á internet. Estamos ante un momento crucial" (04/06/2012) en Praza Pública
Eu, señoresacadémicos, tiven asorte, ou así mo parece a min, de nacer, dar os meus primeiros pasos e pronunciar as miñas primeiras palabras, nun mundo que xa non existe. naquel mundo a vida falaba galego,e o castelán pertencía ao mundo exterior (o cura, a mestra, a radio, a vila...). A vida falaba. Era unha sociedade fundamentalmente oral, onde a palabra dada tiña o valor dun documento asinado,...
Extracto de "Oralidades: reflexións sobre a lingua falada no século XXI", discurso de ingreso de Xosé Luís Regueira e que se pode consultar completo neste documento en PDF que nos ofrece a RAG. Un texto realmente fermoso e clarificador. Grazas a posibilidades coma esta, derivadas da actividade do seu novo portal, a Academia aproximouse máis á sociedade no último mes que no resto dos 106 anos da súa existencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario