Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado, 22 de novembro de 2014

A esmorga, un salto de xigante

por Francisco Rodríguez no Sermos Galiza:


Necesitamos falar de nós, construírmos unha imaxe, tamén cinematográfica, do noso mundo, o mundo galego, un anaco de humanidade con dereito a expresarse en plenitude. Desta necesidade proveñen os mellores logros artísticos cos que temos contribuído como pobo no campo da literatura, por exemplo. A esmorga de Blanco Amor, publicada en 1959 pola editorial Citania de Buenos Aires, é un deses logros, significativo por moitas razóns. Gustaría de subliñar un dos seus aspectos centrais, a forza motriz que a orixinou. Ten moito a ver co noso papel pasado e actual como pobo, coa emigración como fuxida e coa reintegración real ou soñada desde a distancia. Tamén co tipo de sociedade que somos: unha sociedade implícita e explicitamente opresiva, sometida a fortes doses de violencia. E como non, como todo pobo negado ou desprezado, moi necesitados de cronistas que, desde dentro, sexan quen de facer aboiar a nosa verdadeira historia, aquela que as crónicas oficiais ignoran ou desprezan a mantenta.

venres, 21 de novembro de 2014

Val de Xálima

por Xulio Pardo de Neyra na Praza Pública:


Tiven a gran sorte de traballar, durante máis dun lustro, na prestixiosa Universidade da Estremadura. E tiven a gran sorte, que tampouco a teñen moitas persoas, de vivir na cidade española de Cáceres. Cando me incorporei á vida ordinaria daquel pequeno núcleo, non ben comecei a comprobar a ledicia e o agarimo daquela comunidade humana, e o enorme afecto que me ían ter os e as compañeiras da Facultade na que ía desenvolver o meu traballo; observei que as cacereñas e os cacereños, castelán-falantes en boa lóxica, posuían un sotaque curioso, moi aproximado ao da próxima Andalucía, mais nada parecido ao da tamén próxima Castela á que se adoitaban aparentaren sentimentalmente. Con todo, e non curiosamente talvez, nas festas locais da cidade, polo padroeiro san Xurxo, case nada celebraban; agardando a chegada do mes de maio, moito máis benigno climatoloxicamente, cando realizaban unha rechamante “Feria de mayo” case copia literal da sevillana “Feria de abril”.

xoves, 20 de novembro de 2014

U día du Pan Quenti

pan quenti from Ani González on Vimeo.

Os nenos da E.E.I Monte da Guía (Vigo) teñen un grupo de amigos no CEIP Nosa Serñora da Ascensión en Valverdi du Fresno (Cáceres). Alí non celebran o Samaín, a súa festa é a do Pan Quenti, untha tradición que comparten cos concellos veciños de San Martín de Trevellu e As Ellas Para explicarllo aos rapaces de Vigo fixeron este bonito vídeo.


mércores, 19 de novembro de 2014

Encontros para un estudo




Posiblemente por telo físicamente non se me dou por facer referencia a este traballo sobre Manuel García Barros que fixeron os alumnos de Literatura galega do século XX do IES que leva o nome do escritor estradense, dirixidos polo seu profesor Carlos Loureiro.
Nos anos 90 organizárase uns encontros na Estrada arredor da figura de García Barros. Esas xornadas graváranse en casetes, esta publicación é a transcrición dos mesmos. Foi editada polo Concello da Estrada.

A placa de Zennor (Cornualles), ou a tristeza pola morte dunha lingua. ¿Levamos en Galicia o mesmo camiño?

por X. M. Lema, nas Voces de Prolingua:


A ‘doma e castración’ do córnico
Segundo Philip Payton, na súa Cornwall’s History (2010), o idioma celta de Cornualles tivera un desenvolvemento normal e puido resistir a presión do inglés ata mediados do séc. XVI. Como consecuencia da ruptura do rei Henrique VIII co papa, que deu lugar ó nacemento da Igrexa Nacional de Inglaterra (o anglicanismo), impúxose pola forza a lectura da Biblia en inglés nas igrexas, substituíndo o latín. En 1549, con Eduardo VI, imponse a Act of Uniformity (‘Acta de Uniformización’), xunto co Book of Common Prayer (‘Libro da Oración Común’), que supoñía o uso obrigatorio do inglés nos rezos e na liturxia da Igrexa Anglicana. Os eclesiásticos córnicos protestaron aducindo que o seu pobo non entendía o inglés, pero o arcebispo de Canterbury retrucoulles dicindo que o latín aínda o entendían menos. Os córnicos chegaron a defender a súa lingua coas armas na man, pero o seu exército sería derrotado en Exeter e os ingleses iniciarían decontado a pacification of Cornwall, que lembra moito a “doma e castración do reino de Galicia” polos Reis Católicos, anterior no tempo. Executáronse prisioneiros en masa e penduráronse da forca cregos e bispos rebeldes de Cornualles.

luns, 17 de novembro de 2014

Presentación de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao



Prezi de Castelao, realizado por María José Martínez Paz, alumna de 2º de bacharelato do IES de Curtis

O idioma da casta

por Miguel Anxo Abraira, no Sermos Galiza:


Ao xantar soemos comentar en familia como nos foi a mañá. Sobre todo Artur e Xoana na escola. Xoana, a nena que está deixando de ser nena, empezou este ano o instituto e polo tanto ten varios mestres e comentou sobre eles. O de Ciencias da Natureza sei que lles fala en castelán e mesmo ten a habilidade de traducir o libro do galego ao castelán con gran soltura. Sei que lle falta a "soltura" (non quero ser faltón) á hora de dar a sinatura en galego que é o que corresponde. Pola tarde fomos mercar libros, cadernos, gomas de borrar e tamén unha axenda escolar. Dentro do apartado das axendas estaban as feitas en lingua española e as feitas en inglés; por supostos non había nin unha soia axenda en galego.

O galego desángrase

por Héctor Fernández Leiro, na Praza Pública:

Pode parecer nos tempos que estamos a vivir, que a cuestión idiomática é algo superfluo, secundario, ata de señoritos, preocuparse polo idioma tendo na man os indicadores de pobreza, desnutrición infantil, exclusión social, desemprego... En cifras alarmantes. Máis é algo que está moito máis relacionado con todo iso do que poderíamos pensar nun primeiro momento. É unha cuestión política ligada ó noso modelo produtivo económico e social.

domingo, 16 de novembro de 2014

Memoria e lingua



Intervención de Francisco Fernández Rei na XXX Semana Castelao de Filosofía. 4 de abril de 2013.
Un pouco máis dun par de horiñas para pasar unha xornada invernal de outono. Veña!

Moreira Barbeito: "Hai que chegar aos que o poder lles roubou a lingua"

Entrevista a Miguel Moreira Barbeito en La Voz:
A tese de doutoramento do filólogo Miguel Moreira Barbeito (Narón), que dirixiu a escritora e profesora Teresa Moure, converteuse nun libro que leva por título Contra a morte das linguas. O caso galego (Xerais) e que será presentado esta tarde na librería Brañas Verdes de Carballo (19 horas). O autor estará acompañado por Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, e Paco Souto, representante da plataforma Queremos Galego en Bergantiños.-¿Como definiría a situación actual do galego?

venres, 14 de novembro de 2014

Q-Q-Q-CH-D



- Canto vive un *pulpo? -pregúntalle o neno ao avó
- O que lle deixen -é a resposta, chea de razón.
Éste é un dos diálogos do último anuncio de Gadis, e tamén é unha das zaragalladas lingüísticas que aparecen no mesmo.
Non hai moito que a RAG ofrecía un comunicado lembrando que polbo é a única forma patrimonial galega. Por iso non creo que os que elaboraron este anuncio escolleran inocentemente unha forma errónea para o seu uso neste audiovisual. Seguramente a súa decisión ten moito que ver coa idea de que se recollían a voz polbo, o público percibiría falta de naturalidade no diálogo. Pero se lembramos esa mesma falta de naturalidade na entonación da campaña 'Se chove, que chova!', non dubidaremos que estamos ante a evidencia dun prexuízo que deste xeito alcanza unha difusión enorme. Un spot tan longo coma éste transmite moitas cousas: optimismo, recoñecemento do amor polos nosos, identificación cunha forma de ser propia,... A mágoa é que tamén envía mensaxes indesexables, e iso é o último que debe facer unha emisión publicitaria.
Noutro momento faise burla das redes sociais, en concreto do facebook:
- Hoxe andan todos: "me gusta", "no me gusta"...
Relevante caso do excluída que anda a lingua galega das novas tecnoloxías. Hai xa moito que se pode ver o muro de facebook en galego pero aos moitos que tiveron que participar na realización do spot non lles debeu chegar a noticia. Algo pasa.
Noutro momento un dos contertulios comenta:
- Os galegos necesitamos un cu-cu-cu-che-de
- O que? -pregunta outro sorprendido
- Un: "qqueres que che diga"
E non será un que-que-que-che-de?. Ao denominar as letras en castelán colócase unha bomba na cerna do discurso xeral que estaba a discorrer en galego. Non é unha cuestión menor pois a un tempo estase desprezando a lingua galega, situándoa como subordinada, e colocando como alternativa de prestixio á que xa goza de todas as ventaxas.
Se só un desta serie de desatinos lingüísticos se cometeran nun anuncio en español, a restra de protestas e portadas de noticiarios non tería fin. Pero como o sufridor destes golpes é o galego, a ninguén lle importa. Así, sen dicilo, rebáixaselle a categoría de lingua a simple fala. Non faltará alguén que xustifique: "a pesar de que vos poñen o anuncio en galego aínda vos arrepoñedes". E o peor é que tal e como anda o panorama ata vai ter o seu quiñón de razón. Velaquí un caso de estudo para os expertos en lóxica de como unha frase pouco atinada deixa de selo en función das circunstancias externas ao significado interno da mesma.
É certo. Estamos diante dun anuncio en galego! Unha rara avis no panorama da mercadotecnia ou da comunicación. Ademais é unha campaña exitosa, con centos de miles de visualizacións e con impacto na cidadanía. A súa forza reside sobre todo en que destaca o orgullo por sermos nós mesmos, por identificar trazos de carácter propios e tratalos con cariño e simpatía.
A empresa á que se lle ofrece esta imaxe de autoafirmación galeguista non é pequena, por iso a campaña publicitaría é todo un exemplo para moitas outros negocios que ata o día de hoxe viven de costas ao galego. Se Gadis o fixo, non hai razón para que calquera outra empresa o faga tamén.
Así, que se me preguntan que me parece a nova campaña do Gadis, eu teño ben clara a resposta:
- Qué queres que che diga?

Non sei se me explico

xoves, 13 de novembro de 2014

Os sete falares



"Os sete falares" nace coma unha revista tríptico destinada ao profesorado, pero que queremos compartir con todos vós
Un produto da factoría do ENDL do CEP Sequelo de Marín

mércores, 12 de novembro de 2014

Contigo sumamos máis. Campaña de socios de ProLingua


ProLingua inicia unha campaña de subscición de socios. Eis o primeiro cartel da campaña.

Manifesto de ángel Carracedo

por Ángel Carracedo para o mes da ciencia nas Bibliotecas Escolares:

Un grande empresario dicíame non hai moito tempo: “Aos científicos valorarannos aquí cando algún se faga moi rico cos seus achados”.

Todo depende se vemos ou miramos

por Xosé González no Galicia Confidencial:

A percepción da realidade é ben distinta se vemos ou miramos. Explicáballe así as diferenzas das accións visuais a un amigo adegueiro ao pé do mostrador dunha cafetería para convencelo da oportunidade de galeguizar as súas marcas de viños.

martes, 11 de novembro de 2014

A gravidade no Día da Ciencia en Galego

Velaquí o desenvolvemento dunha das actividades que se realizou nunha das xornadas do Día da Ciencia en Galego no meu centro.
Primeiro a pregunta:
Que caerá antes se soltas un martelo e unha pluma ao mesmo tempo na Lúa? Neste vídeo tes a resposta.



Despois o cuestionario ao alumnado do centro
Entón fixemos o experimento cun balón medicinal e unha pelota de tenis:



E seguindo a nosa estela parece que lles meteu cobiza aos da NASA repetir o experimento, aquí no noso planeta.

O físico Brian Cox é o condutor dun programa de divulgación científica na BBC. Quixo comprobar que dous obxectos en ausencia de resistencia atmosférica caería a un tempo. Para iso trasladouse á cámara de simulación espacial da NASA situado no Space Power Facility, en Ohio, cun volume de 22.653 metros cúbicos  é a maior cámara de baleiro no mundo.

Despois de extraer todo o aire da cámara deixaron caer a un tempo unha pluma en unha bóla dunha boleira. Velaquí o experimento que sería a delicia de xigantes da ciencia como Galileo ou Newton.




De enquisa en enquisa…

por Valentina Formoso, nas Voces de Prolingua:

- Me o dás?
- Si, te o dou!!!

luns, 10 de novembro de 2014

Rianxo fala, falou e falará

Se accedemos ao portal Rianxo fala, non teremos que dar moitas voltas para saber de que se trata. Eles mesmos nolo explican na páxina principal do web:
Nesta páxina recóllese información das diferentes accións que configuran o Proxecto plurianual RianxoFala, algunhas rematadas, outras en proceso, outras só pensadas.
Está estruturada en tres apatados básicos: falaron, falamos,e  falaremos.
No primeiro dos monográficos recóllense prezas da herdanza histórica, cultural, artística e natural. No titulado en presente podemos achegarnos a creadores das letras e da música actuais e tamén hai un espazo para a posta en valor da paisaxe lingüística do concello e o labor de mantemento da tranmisión interxeneracional da lingua e e cultura. O apartado de futuro está reservado aos traballos normalizadores dos centros que suscriben o proxecto: o CEP "Brea Segade"de Taragoña e o IES "Félix Muriel" e o C.R.A. de Rianxo.
Un breve repaso por este portal pode darnos unha idea do enorme traballo que están a realizar os Equipos de Normalización destes centros. Un traballo do que agora todos podemos aprender e recoller froitos para espallar polos centros escolares de toda Galicia. Todo un exemplo.

domingo, 9 de novembro de 2014

Algúns números das nosas letras






O mes de outubro é o mes das bibliotecas escolares, que este ano se celebrou baixo o lema "Bibliotecas escolares... matemátic!!!". Pero resulta que non hai libros de divulgación de matemáticas en galego, e tampouco podemos atopar libros de texto desde a súa prohibición polo funesto decreto do plurilingüismo. No IES de Ribadeo Dionisio Gamallo fixeron un pinchacarneiro, e con todo deron elaborado esta escolma de literatura con referencias ás matemáticas. Todo un traballo de imaxinación e delicadeza.

sábado, 8 de novembro de 2014

Ollos de aula.17

Neste número a CGENDL pregúntase sobre cal é a situación catro anos despois do Decreto para o plurilingüismo:

Educación Infantil:Ademais de castelanizar a calquera que teña como lingua materna o galego, non se poñen os medios para que este alumnado coñeza e domine realmente as dúas linguas.
Educación Primaria: Non se garante a competencia plena e en igualdade das dúas linguas.
Educación secundaria: A obrigatoriedade de impartir en castelán as áreas científicas exclúe o galego para o ámbito científico e tecnolóxico
Formación Profesional: Nunca se garantizou un mínimo do 50% en galego. A maioría dos materiais son en castelán

xoves, 6 de novembro de 2014

Mentira, cinismo e desleixo no Día da Ciencia en Galego

Ano tras ano, cando chegan estas datas, a Xunta intenta confundir á cidadanía mentindo sobre o verdadeiro propósito do Día da Ciencia en Galego.


1.Mentira.
A mentira: a Consellería de Educación afirma que o Día da Ciencia en Galego xurde convocatoria de 2001 da UNESCO de celebrar o Día da Ciencia para a Paz o 10 de novembro.

Explicación: no ano 2001 non se celebrou o Día da Ciencia en Galego, nin no 2002, nin no 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008 e tampouco no 2009. Dase a estraña casualidade que a primeira convocatoria aparece pouco despois da publicación do funesto decreto de plurilingüismo.
Lembremos que este decreto impón impartir as clases de matemáticas, tecnoloxías e física e química en castelán, en contra do disposto no valioso e consensuado Plan Xeral de Normalizacion nos seus apartados 2.1.26 e 2.1.27.
O Día da Ciencia en Galego ten unha historia moi clariña.  Todo parte do encontro para o profesorado convocado o 18/06/2010 pola CIG-Ensino e a plataforma Queremos Galego no Museo do Pobo Galego. De entre os acordos aos que se chegara  nese encontro  figuraba un que indicaba que 'Promoveremos unha Semana da ciencia galega e un día da ciencia galega'. 
Co comenzo do curso 2010-11 unha serie de organizacións de profesores de áreas científicas e a CGENDL recollen a idea do encontro e propoñen que se celebre o 'Día da Ciencia en Galego' o 4 de novembro destacando a varias figuras científicas. Velaí pois que esta celebración xurdiu como reacción contra o funesto decreto de plurilingüismo, un decreto no que se pretende prohibir a impartición das aulas científicas en galego.
Desde aquela vén celebrándose o día 4 ,e aínda que se organizan actos outros días acolléndose a esta convocatoria, nunca ata o momento se dixo que o Día da Ciencia en Galego fose o 10 de novembro. Tampouco nunca se dixo que o Día da Política Lingüística da Xunta é o 19 de novembro, aínda que ísto tería moito máis sentido.
Entre os convocantes e celebrantes do Día da Ciencia en Galego tampouco se fixo referencia á paz nin ao desenvolvemento. Pola contra sempre se falou da reivindicación  do dereito a impartir e recibir aulas de ciencia en galego, un dereito coutado pola política lingüicida dos gobernos Feijóo.

2. Cinismo
Os mesmos que escriben que
O obxectivo principal desta efeméride,[...] é o de mostrar que a lingua galega é útil para facer ciencia e, no eido do ensino, para impartir as materias científico-técnicas.
Son os que redactan, asinan e subscirben o funesto decreto de plurilingüismo que di
artigo 6.1. Impartirase [...] en castelán a materia de matemáticas [en Primaria]
artigo 7.3. Impartiranse  [...] en castelán as materias de matemáticas, Tecnoloxías e Física e química
E son os mesmos que din que o bipartito rompeu o valioso consenso do PXNL, un PXNL que di:
2.1.26. Fomentarase que se impartan [en galego] [...] as matemáticas [en Primaria]
2.1.27. Tenderase a que as materias que se impartan nese idioma [galego] figuren as matemáticas e a tecnoloxía, á parte das que xa están legalmente establecidas [en Secundaria, tales como Física e química]
3. Desleixo.
Para que a confusión sexa máis creíble a Secretaría Xeral de Política Lingüística elabora unha paxina web adicada á conmemoración no que, ademais das mentiras indicadas no punto 1 adobadas co cinismo do punto 2, demóstrase un completo desprezo ao esforzo do profesorado por seguir mantendo o galego dentro das aulas de ciencias; e isto é o punto 3.
Na referida páxina, que podemos encontrar? Pois simplemente unha serie de ligazóns. Barata lle sae a festa do engano.Eu mesmo, nun post coma este non uso menos ligazóns que as que emprega todo un organismo da Xunta en fomentar o Día da Ciencia en Galego.
Baixo a epígrafe "Materiais de interese" aparece, por exemplo, a ligazón a un blogue da Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo, cuxa última actualización é de... hai 29 meses! Pola contra non hai ningunha referencia ao portal da USC do Día da Ciencia en Galego 2014.
O resto da páxina sálvase cos recursos (externos) de EducaBarrié e os da Coordinadora Galega de ENDL. Nada de elaboración propia. Nada de potenciación de recursos educativos en galego para as materias de ciencia. Nada, non pode haber nada porque nin a SXPL nin a Consellería de Educación se preocuparaon en todo o ano de fomentar, construir e divulgar materiais didácticos en galego para as aulas de ciencias. Cae dentro da lóxica do goberno do PP, centrado na prohibición do uso da nosa lingua.
De seguido, un breve comentario sobre a lista de ligazóns que afonda na confirmación do desleixo polo que realmente non lles interesa, que é a normalización.
Como deben ter falta de materiais, repiten varias ligazóns por centro, como por exemplo no caso do CEIP A Ponte (Lugo), [1] e [2]. Idem co CEIP A Quintela (Moaña): [1] e [2]
Máis grave xa é a referencia ao vídoclip 'Terra' do IES de Chapela (Redondela). O vídeo é excelente, como todo o que fai o ENDL dese centro, pero... que ten que ver co Día da Ciencia en Galego?
Seguimos. O IES Valadares (Vigo), celebra o Día da Ciencia en Galego. Éste si que acerta por completo no tema... pero a refencia é do ano 2012! E o IES Chano Piñeiro (Forcarei) tamén fai o propio... pero no ano 2013!, cando teñen a posibilidade, se tivesen algo de interese de facer referencia ao que están a facer actualmente. Pero iso non debe interesar. Desas datas tamén é a referencia a este kamishibai sobre líquidos newtonianos.
A seguinte referencia é para a revista do CIFP Politécnico de Santiago, moi completa, con moitos contidos. Pero é unha revista de centro, non un traballo centrado no Día da Ciencia en Galego.
A última mostra de desleixo vai para un copia-pega vello que tiñan no arquivo dos ENDLs da SXPL. Trátase dunha ligazón do ano 2010 ao excelente blogue de Gonzalo Temperán, Tetractis.

Por moito que fagan seu o titular de 'Mes da ciencia en galego' ou 'Outono de ciencia 2014', sucederá como en convocatorias anteriores. Desde a Consellería de Educación non volveremos a oir falar de tales cousas.

mércores, 5 de novembro de 2014

Eu digo... (contestación ao vídeo 'Ghalegho')



Uns rapaces de Rianxo divulgaran este seu vídeo hai un par de semanas con enorme éxito. Pero había algo nel que lles proeu a outros de Ribadeo. Así que, velaquí a súa contestación. Tanto uns coma outros, todos orgullosos da nosa lingua. E todos orgullosos deles.

martes, 4 de novembro de 2014

X anos de PXNL. Historia da loita polo idioma na Estrada


Anuncio do acto que da man da Asociación Cultural Vagalumes celebraremos na Estrada o vindeiro venres 7 de novembro para reflexionar sobre o X aniversario da aprobación do Plan Xeral de Normalización Lingüística (PXNL)
Ademais de facer un repaso da política lingüística nestes 10 anos en relación co PXNL, achegaranse documentos da loita pola normalización na Estrada facendo referencia a momentos como a celebración das Letras Galegas do ano 70 na honra a Marcial Valladares,  coa intervención de Otero Pedrayo, o conflito de principios dos 80 no que se lle abrira expediente ao mestre do colexio do Foxo,  Alfonso Castro, por impartir aulas en galego. ou a constitución e traxectoria de  Queremos Galego na localidade.

Os datos do IGE sobre o uso do galego nas familias. Algunhas tendencias

por Denís Vicente, nas Voces de Prolingua:


Hai uns días o Instituto Galego de Estatística publicaba os datos do uso do galego nas familias correspondentes ao ano 2011. Aínda que esta enquisa só se pode comparar a nivel estatístico coa do ano 2001, en función das variábeis que se presentan (sempre galego/ás veces/nunca) se repararmos tamén nos datos dos anos 1992, 2003 e 2008 con variábeis diferentes (monolingüismo en galego/máis galego que castelán/máis castelán que galego/monolingüismo en castelán) podemos percibir algunha tendencia común na evolución sociolingüística de Galicia.

A lingua estándar

por Helena Villar Janeiro, en El Correo Gallego:


A MAIORÍA dos falantes de Galicia expresábanse nos seus dialectos e nas súas variantes. Eran analfabetos na lingua que falaban, por incapaces de lela e escribila. É doado rastrear as fontes das súas aprendizaxes máis formais, pois cambian de idioma en contextos non habituais, por exemplo, para repasar unha conta. "Tres por siete veintuno y me llevo dos". Aínda hoxe, sábese en que lingua están alfabetizando un escolar pedíndolle que conte os dedos da man. Son aprendizaxes enraízadas nunha poboación que non adoitaba usar a súa fala con quen consideraba máis culto e facíao nunha lingua estándar allea á súa vida, que aprendía na escola, nas igrexas e nos escasos medios de comunicación que tiña ao seu alcance. Crían parecer máis lidos e importantes cando utilizaban unha lingua distinta á que falaban coa súa xente, coa súa veciñanza e na maioría do seu trato cos que lles eran iguais.

luns, 3 de novembro de 2014

Em Companhia da Morte



Documental filmado na freguesia de Castro-Laboreiro (Melgaço-Portugal) por Vanessa Vila Verde, João Aveledo, e Eduardo Maragoto.
As mulleres que aparecen neste audiovisual falan de figuras como a da Santa Compaña, e aínda que son de alén da raia, polo aquel ese do contíumm latino, falan coma nós. Vese que o documental está feito con todo o cariño a aqueles que aíndan conservan vivas tradicións orais que definen a nosa especial visión do mundo. Ben fermoso.
Vía PGL.gal

sábado, 1 de novembro de 2014

De blogues.27

foto do IES de Mugardos

  • Afirmamos ser galeg@s, 01/10/14, na Confederación das Anpas galegas
  • Onte 1104: Orgullo neofalante, 02/10/14, por M. Bragado en Brétemas
  • Publicidade, lingua e cartos, 05/10/2014, en El toupo que fuza
  • Afonso X, o Ludolingüista, 05/10/2014, por Carlos L. Medrano en Xogos de lingua
  • «Tris, tras, cabaleiro, fóra estás», 09/10/14, por Carlos L. Medrano en Xogos de lingua
  • De Camões a Pimenta, 13/10/14, por Carlos L. Medrano en Xogos de lingua
  • Palíndromos e folioscopios, 17/10/14, por Carlos L. Medrano en Xogos de lingua
  • Bela quimera linguística, 17/10/14, por Xavier Alcalá no seu blogue persoal
  • Hai futuro para o galego?, no blogue Marlou
  • É o galego unha lingua minoritaria?. 18/10/24 en Marlou
  • Onte 1121: Cifras da edición galega en 2013, 19/10/14, por M. Bragado en Brétemas
  • Onte 1122: Cifras da edición en galego en 2013, 20/10/14, por M. Bragado en Brétemas
  • Poetemáticas 3 : Pequeno livro de desmatemática, 22/10/14, no blogue A Marela Tarabela
  • 2 ¿GALLEGO/GHALLEGHO/GALEGO/GHALEGHO?, 25/10/14, no blogue de Helena Villar Janeiro, Galego na rede
  • Onte 1128: Ghalego, 26/10/14, por M. Bragado en Brétemas
  • Vixencia de Nebrija, 27/10/14,´por Xosé Antón Laxe Marrtiñán no Retrato da caixa dos mixtos 
  • Épica de Iria, neofalante* (I), 28/10/14, por Xabier Cordal en Centeás
  • Onte 1131: Entrega do Premio Fernández del Riego, 29/10/14, por M. Bragado en Brétemas ( a entrada contén un discurso no que insta á normalización dos xornais galegos)
  • Deteñamos a represión contra a nosa lingua e quen a defende, 30/10/14, por Carlos callón no seu blogue

venres, 31 de outubro de 2014

QVG revitaliza a túa lingua

QVG revitaliza a túa lingua! from Illa Bufarda on Vimeo.

Simpática promoción realizada polo alumnado de 6º de primaria do CEIP Ramón Cabanillas  (Santiago) nun obradoiro de videocreación impartido por Illa Bufarda. Esta formación foi un agasallo que o Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Santiago de Compostela lles outorgou a catro centros de ensino por participaren no Concurso de vídeocreación para centros de ensino.
O ENDL do centro ten unha páxina churrusqueira feita co sites do google.
Unha mágoa que aos rapaces non lle aprenderan que a letra "q" non se chama "cu", que é un nome moi feo para unha letra.

A imposición do galego e a mentira como arma

por Henrique del Bosque Zapata, no Sermos Galiza:


Os datos aportados recentemente polo Instituto Galego de Estatística amosan un retroceso considerábel no emprego habitual do noso idioma e un proceso de substitución do mesmo favorábel ao español. Esta situación devén dunha política constante e insistente de eliminación de todos aqueles aspectos e elementos que configuran a nosa identidade coma pobo, sen esquencer que os mecanismos xurídicos e administrativos para acadar esta finalidade son centenarios.

xoves, 30 de outubro de 2014

Outro paso adiante



Vídeo producido por Francisco Freire Vila en colaboración con membros da comunidade escolar do CEIP Froebel (Pontevedra).
Seguramente foi un dos vídeos que participou no concurso desta categoría do Correlingua 2014. Daquela pasárame desapercibido pero fun bater agora con el. Para non deixalo escapar.

Filgueira Valverde e as Letras Galegas

por Luís Bará no Sermos Galiza:


A posición do BNG de Pontevedra a respeito da elección de Xosé Filgueira Valverde foi desde o primeiro momento clara. Sen entrar a valorar os seus méritos culturais e intelectuais, que non se poden negar, consideramos que non era unha elección acaída para a celebración das letras galegas pola súa traxectoria política durante o franquismo, período no que asumiu multiples responsabilidades e ao longo dun período de tempo moi longo. A este respecto, non se pode esquecer que a Ditadura franquista foi unha época de persecución feroz do idioma, que ficou prohibido e marxinado en múltiples esferas da vida social, económica e cultural.

mércores, 29 de outubro de 2014

Begoña Caamaño: "Non asumen que cobran porque temos un idioma"



O recuperación deste vídeo é unha pequena homenaxe a Begoña Caamaño, unha enorme defensora da lingua galega.
Esta peza forma parte dese impagable audiovisual chamado A memoria da lingua no que se recollían testemuñas de varios activistas pola normalización.
Grazas a Goretti Sanmartín por lembralo.


Morre Begoña Caamaño, a voz lila da literatura galega, 27/10/14, no Sermos Galiza
A cultura e o feminismo homenaxean a Begoña Caamaño, 28/10/14, no Sermos Galiza
Begoña Caamaño. Palabras como esporas, 27/10/14, por Goretti Sanmartín no Sermos Galiza
Comunidades dos afectos, 28/10/14, por María Reimóndez no Sermos Galiza
Carta desde a illa de Eea, 28/10/14, por Carlos Negro na Praza Pública
Carta de despedida de Begoña Caamaño, dirixida a Uxía, 30/10/14, no Sermos Galiza


Visión panorámica da literatura galegoasturiana (II)

por Xoán Barro, nas Voces de Prolingua:


Os catro inquedos mozos da Xeración de 1936 seguen utilizando a lingua do país na década de 1940, como facían autores nados a finais do XIX (Villar Loza, Mediante, Pedro G. Arias, Cesar Montaña Álvarez de Ron...), pero os condicionantes políticos e sociais de posguerra van cambiar o seu curso creativo. Sela e Fidalgo dedicaranse esporadicamente ao cultivo literario e Mejeras e Queipo, que falece moi novo, optarán maioritariamente polo castelán e mesmo, como fixeron tantos, asinando afervoadas loas ao réxime.

luns, 27 de outubro de 2014

O uso, a comprensión do galego e a intervención do Espírito Santo

O Instituto Galego de Estatística (IGE) publicou novos datos sobre o coñecemento (entender e falar) e uso do galego. Distintos medios xa os debullaron  e observaron que houbo un descenso do uso do galego nun 13% entre os anos 2001 e 2011. Paradóxicamente a noticia foi anunciada como moi positiva desde a Consellería de Educación celebrando que aumenten os que declaran falar nas dúas linguas.

A poucas voltas que lle deamos, concluiremos que  esta nova achega do IGE non revela moitas novidades con respecto ao xa coñecido sobre usos da lingua galega. A enquisa reducíase a tres preguntas:
  • Cal é o seu coñecemento do galego? (Enténdeo, Fálao, Leo , Escríbeo)
  •  Cando usa o galego? ( Sempre,Nunca, Ás veces )
  •  Onde o usa? (pode marcar varias opcións) (En familia, Na escola, No traballo) 
O uso
A polémica xurde da resposta á segunda pregunta, a do uso do galego. A nota da  Consellería destaca que "aumenta o uso das persoas que se desenvolven habitualmente nas dúas linguas". Significa iso que hai máis xente que habitualmente fala en galego? Sería moi chocante que isto fose así pois outras enquisas moito máis completas, tanto do propio IGE como do Mapa Sociolingüístico de Galicia, revelan que a tendencia ao uso do galego é decrecente. Comentábase, por exemplo, que esta situación podía resumirse diciendo que cada hora o galego perde 3 falantes. Non podemos, xa que logo, botar foguetes porque un "89,1% da poboación usa o galego en maior ou menor medida na súa vida diaria" sen antes determinar se a medida de uso do galego é maior ou é menor, e todo apunta que realidade anda máis ben cuantificando ese uso á baixa.
Para comparar os datos ofrecidos estas semanas polo IGE con outra enquisa das mesmas característica temos que remitirnos a outra dese mesmo organismo do ano 2001. Quen elaborou unha excelente comparativa entre os datos obtidos no 2001 e os que se acaban de publicar do 2011 foi Carlos Neira, tanto en varias táboas, como en mapas como o seguinte:

Mapas de uso do galego 2001-2011
Moi acertadamente este analista indicaba que os que declaran falar en galego "ás veces" non están dicindo que falan un 50% de galego, polo que o anuncio da Consellería carece do máis elemental, o rigor científico, e está cargado, pola contra de manipulación informativa partidista.
Baixo a luz destes resultados do IGE o primeiro que podemos concluir é que houbo unha baixada de uso do galego. Isto non pode estrañar a ninguén pois é unha tendencia que xa se viña detectando en anteriores estudos. Con toda seguridade esta baixada continúa despois do ano da enquisa (2011) pois a política lingüística dos últimos tempos con continuadas restricións de orzamentos e dereitos convertería unha mellora na saúde do galego nun feito digno dos anais dos máis respectables milagres do satuario de Lourdes. Cando a política lingüística non fai nada por facilitar o uso normal, e en todos os ámbitos, do galego, non podemos esperar outra cousa que a lingua fortalecida sexa o castelán. Se éste era o obxectivo da Xunta, fai moi ben en celebralo. Iso si, o que non debe facer é enganar ocultándonos a súa verdadeira pretensión pois iso é engadir a hipocrisía á mentira; e unha cousa é que nos tomen por parvos, pero que por enriba se rían de nós xa é maltrato.

A comprensión
No relativo á compresión do galego podemos facer un par de puntualizacións. É certo que prácticamente a totalidade da poboación galega, un 98,6%, entende a súa lingua [frase estraña ésta]. Entón, baixo que argumentos pode defender o goberno a negativa a garantirnos aos cidadáns o coñecemento do galego dos funcionarios públicos retirando a proba nesa lingua das oposicións? Eu só acho unha resposta, que o goberno de Feijóo pensa e ten máis en conta aos de Valdemoro que aos veciño de Forcarei cando toma este tipo de decisións. As consecuencias non se lle escapan a ninguén. Alén de ser unha medida de fomento da emigración é un obstáculo insalvable para normalizar os organismos públicos.
Nunha última reviravolta a Consellería de Educación felicítase a si mesma:

A pesar do incremento considerable da inmigración que se produciu entre os anos 2001 e 2011 (con 77410 persoas estranxeiras máis), a porcentaxe de poboación que declara saber falar o galego mantense practicamente nas mesmas porcentaxes neste período.

Gostaríame saber onde están eses programas de acollida lingüística que facilitaron ese presunto logro. Pois se resulta que os inmigrantes aprenden e falan galego a pesar de que todas as facilidades que lle ofrece a nosa estrutura social e económica son para favorecer a aprendizaxe e o uso na outra lingua teremos aproba irrefutable de que quen leva os asuntos da política lingüística non é Valentín García senón o Espírito Santo. Seguramente a divinidade, tendo conciencia da situación sociolingüística  que temos por Galicia, concede con moita frecuencia o don de linguas aos inmigrantes que se achegan ás nosas terras. Velaí quen realmente dirixe os designios da política lingüística galega. Oremos, pois.

Para entreterse
  • Censo de poboación e vivendas. GalegoIGE
  • A Consellería de Cultura e Educación valora positivamente os últimos datos sobre o uso do galego difundidos polo Instituto Galego de Estatística, 13/10/14, Consellería de Educación
  • El porcentaje de quienes hablan solo gallego cae trece puntos en diez años, 14/10/14, no Faro de Vigo
  • O galego deixa de ser a lingua habitual da maioría da poboación, 14/10/14, Praza Pública
  • Evolución no uso do galego por concellos, Praza Pública
  • Hai remedio para o descenso no uso do galego?, 15/10/14, Praza Pública
  • Mapa de Evolución de Uso do Galego, 2001-2011, táboas elaboradas por Carlos Neira
  • Mapas de uso do galego 2001-2011, por Carlos Neira en Calidonia hibernia
  • O IGE confirma que o galego non é a lingua habitual da maioría da poboación, 14/10/14, no Magazine Cultural Galego de Montse Dopico 

Medios en galego para dar a batalla

por Aurélio Lopes, no  Sermos Galiza:


Recentemente coñecíamos a través dos medios de comunicación unha enquisa do IGE de 2011 que situaba por baixo do 50% a povoación de Galiza que usa o galego como lingua cotiá. Por vez primeira na historia. Estamos no 2014. E ninguén percebe que haxa cambio de tendencia.

domingo, 26 de outubro de 2014

Alcaldes que dignifican a lingua

por Xosé gonzález Martínez, en La Región


O que lles conto aconteceu non hai aínda moito tempo na parroquia de San Facundo do Concello de Paradela (Lugo). Para facer unha rehabilitación do exterior dunha igrexa románica exhumaron os restos mortais soterrados no adro e trasladáronos a un novo cemiterio construido noutro lugar. A comisión parroquial decidíu algo que deica hoxe era insólito: puxeron nos respectivos nichos cadansúa lápida cunha inscrición en lingua galega. Este feito non foi comentado en ningún medio de comunicación. Eu quero renderlle a esa comunidade parroquial o merecido recoñecemento por ter restaurado a memoria lingüística da parroquia.

Cartas de Ken Keirades a Ben Cho Shey e outros documentos. Recompilación en Tabeirós Montes

Este venres 24/10/14 presentouse na Estrada a apertura dun cartafol dixital dentro do web de Tabeirós Montes con documentos de  Manuel García Barros (Ken Keirades) dos que se destacan 35 cartas que éste mantivo con Xosé Ramón Fernández Oxea (Ben Cho Shey) por seren unha mostra da dignidade na resistencia cultural antifranquista. O período desta correspondencia abrangue de 1956 a 1969. A recompilación total dos documentos que se puxeron a disposición dos internautas supera os 200 elementos.
Comenzou o acto coa presentación por parte de Xoán Carlos Garrido como o fornecedor do material que se estaba a divulgar e xestor da páxina na que se aloxa toda a documentación. De seguido Clara Iglesias explicou os temas tratados nas cartas que Ken Keirades lle escribiu a Ben Cho Shey. Diferenciou tres bloques principais: un deles sobre lecturas e opinións de García Barros sobre as novidades editoriais, outro das súas relacións co galeguismo do interior (Galaxia e RAG), e unha última sobre temas máis persoais arredor da labranza, a casa e a familia.
A última intervención foi levada por David Otero quen fixo un repaso polo resto da documentación que de Ken Keirades: anotacións, cartas non enviadas, reflexións,...
Un exemplo pode ser este texto de Ken Keirades, 'Xa que son  académico', no que nos ofrece unha crítica demoledora do uso que os membros da Academia facían (ou máis ben deixaban de facer) do galego:
“Xa que son académico, anque aínda me custe traballo crelo, coido ter que ir pensando na maneira de facer algo que poida corresponder dalgún xeito ao feito ese de o ser.Non teño aínda o regramento nin me vale o selo de oficio por ter o lema en latín, idioma que descoñezo, apesares de habelo practicado bastante en tempos lonxanos axudando a misa os domingos e días de novena cando o sancristán me deixaba, pois había que contar coa súa venia. Pero tampouco coido necesario para comprender que o obxecto e fins da nosa Academia serán, terán que ser, o depuramento e fixación da lingua galega, que é a nosa, a de todos os galegos, quéirase ou non, anque haxa desleigados que a repudien, “imbéciles e escuros” que dixo Pondal. E velar polo seu prestixio e expandimento ata conseguir que non haxa ningún nado na Terra, ou fillo de quen o fose, que deixe de falala.


Non quixera deixar de poñer por escrito o primeiro que pensei cando comencei a escribir esta entrada. Con algo de maldade imaxinei nos problemas que tería Ramón Nicolás se un día quixera escoller só un manuscrito de Ken Keirades para a súa colección do Caderno da crítica.

Ofrenda lírica.
Para completar o acto tamén se presentou a gravación que X. R. Fernández Oxea lle fixo á súa filla Isabel con motivo da súa primeira comunión  con poemas de Xosé Mª Álvarez Blázquez, Fermín Bouza Brey, Ramón Cabanillas, Ricardo Carballo Calero, Augusto Casas, Xosé Díaz Jácome, Avelino Gómez Ledo, Ánxel Xoán, Ramón Otero Pedrayo, Victoriano Taibo, Celso Emilio Ferreiro e o propio Ben Cho Shey, Jesús Carballeira López e Anisia Miranda. Esta ofrenda lírica podemos escoitala no portal de Tabeirós Montes.


Un Manuel García Barros moi completo.
Non son éstes os únicos recursos que nos ofrece a Asociación Cultural Vagalumes sobre García Barros. A colección sobre o autor é moitísimo máis completa. Ademais dunha biografía hai vídeos con actos de homenaxe, documentos, fotos, e arquivos diversos  sobre un congreso arredor de Ken Keirades celebrado na Estrada no ano 1992 ou libros sobre a súa figura.

Teño a completa seguridade de que non será, nin con moito, ésta a última vez que teña que facer referencia ao portal Tabeirós Montes pois se non é pouco ao que se fixo referencia aquí, a cantidade de documentos que xa hai recompilados é como para ter este web ben á vista no escritorio do computador.

Outros roubos, os das linguas

carta ao director de Manuel Cabada Castro no Faro de Vigo:


Hai xa algúns anos publicouse en Galiza un libro no que un capítulo leva como título "O ladrón das palabras", unha alegoría da situación de linguas dependentes ou subordinadas coma o galego. Chamoume a atención porque coido que dá no albo. Ese ladrón estranxeiro do que alí se fala que, cun coitelo ó cinto e un dente de ouro, se foi apoderando das palabras dun país que non era o seu fai referencia naturalmente á historia, aínda viva e presente, do país galego e da súa lingua. Por outra banda, só hai poucos días os xornais deron a nova, que en realidade tiña pouco de nova, de que o galego continúa co freo ou coa marcha atrás posta no seu desenvolvemento en relación co castelán. Non deixa de ser curiosa e sorprendente, porén, a diversidade no modo de apreciar este tipo de inxustas situacións lingüísticas e culturais se as comparamos con outras, igualmente inxustas, que están tamén de actualidade. Prodúcenos efectivamente noxo, e con razón, o conto de nunca acabar dos presuntos roubos ou atracos con guante branco que determinadas altas personalidades do mundo político ou económico presuntamente teñen perpetrado en detrimento dos lexítimos dereitos dos demais. É tamén moi comprensíbel a repulsa que, hai xa algo máis, se produciu tamén respecto de certas persoas que chegaron a apoderarse de nenos acabados de nacer para dárllelos fraudulentamente a outros pais. Roubos de diñeiro ou de persoas a costa dos perdedores silenciosos ou silenciados. Mais tamén as palabras dun país en posesión da súa propia lingua e cultura, é dicir, as palabras nas que se contén e se expresa o específico modo de vivir e de entender o mundo de todo un pobo poden ser obxecto de depredación e espoliación.

sábado, 25 de outubro de 2014

Organizarse para salvar o galego

editorial do Sermos Galiza:

Que o goberno galego faga valoración positiva dunha enquisa que sitúa a nosa lingua, por vez primeira na historia, por debaixo do 50% nos usos sociais é a demostración palpábel de que o idioma producido polos galegos e as galegas durante xeracións ten no executivo liderado por Feijóo o seu inimigo número un. Non deberiamos sorprendérmonos moito. En 2005, Feijóo alicerzou parte do seu asalto ao poder sobre a base dunha monstruosa falsificación: a de que na Galiza, e durante o breve período do goberno de coligazón PSdeG-BNG, se estaba a impor o galego. A operación de engano masivo tivo éxito porque a nosa sociedade é moi vulnerábel aos prexuízos contra a nosa lingua e éo non por acaso mais por levarmos soportado séculos de colonización e dun proceso que o españolismo chama agora bilingüismo harmónico, embora non sexa máis que un proceso de substitución do galego como lingua socialmente maioritaria polo español.

venres, 24 de outubro de 2014

Normalización lingüística




Grazas a un anuncio de Pilar Ponte chegoume esta ultramodernidade argallada por Xano Cebreiro, unha fonte de recursos innovadores impresionante que nos trae unha clara introdución ao escurecido concepto da normalización lingüística.
Falo de escurecido porque o concepto está prohibido por obra e gracia do funesto decreto malchamado do plurilingüismo, que o substituiu pola descafeinada idea de dinamización lingüística. As razóns deste cambio poden enxergarse vendo o vídeo.

xoves, 23 de outubro de 2014

O Plan Xeral de Normalización Lingüística na educación




Nesta presentación compáranse as medidas tomadas polo bipartito e os gobernos do PP en relación ao Plan Xeral de Normalización Lingüística (PXNL). Tómanse como base o propio PXNL e os decretos 124/2007 sobre o uso e promoción do galego no ensino non universitario, e o decreto 79/2010, de ataque aos avances normalizadores propostos polo primeiro destes dous decretos. Ademais recórdanse algunhas das decisións máis importantes tomadas nestes 10 últimos anos respecto á política lingüística educativa.
Se alguén pasa por esta entrada recoméndolle que non deixe de botarlle un ollo ás conclusións finais.
Quixera destacar algunhas destas conclusións que, penso eu, quedan ben certificadas nesta presentación:


  • Observamos nas medidas do goberno PSOE-BNG continuas referencias ao PXNL
  • Nas iniciativas dos gobernos do PP non se fai ningunha referencia ao PXNL
  • O decreto 124/2007 recolle o esencial do PXNL, repetindo incluso as mesmas expresións
  • O decreto 79/2010 está inzado de medidas contrarias ás promovidas no PXNL
  • A única saída que ten o goberno do PP de manter a súa gresiva política lingüística contra a normalización é establecendo o imperio da mentira.
  • O PP preséntase como defensor do PXNL; isto significa que ten medo de que se coñeza e divulgue a verdade.
  • O PP necesita mentir para ocultar o extremismo da política lingüística antigalega que está a practicar.
  • Canto maior sexa o coñecemento social deste radicalismo maior será o rexeitamento que padecerá.



mércores, 22 de outubro de 2014

Correspondencia Ben-Cho-Shey e Kenkeirades


O vindeiro venres 24 de outubro a Asociación Cultural “Vagalumes” presenta publicamente a apertura dunha sección do proxecto de cultura aberta “Tabeirós Montes” dedicada ao escritor Manuel García Barros, na que se irá poñendo a disposición de todos achegas sobre este autor comenzando coa correspondencia que mantivera co escritor ourensán Xosé Ramón Fernández Oxea, maís coñecido polo seu alcume de Ben Cho Shey.
Nun momento histórico de persecución da nosa lingua e cultura, cando era imposíbel publicar libremente, as cartas dan conta da creatividade e resistencia dos intelectuais do momento. Fronte a posicións acomodaticias e mesmo colaboracionistas como a doutras que si trunfaron durante o franquismo, e mesmo se apoioron neste para o seu trunfo, renegando da súa lealdade coas letras galegas, o caso exemplar de Manuel García Barros queremos poñelo en valor así como o dos seus correlixionarios na causa da nosa cultura, nomeadamente Ben Cho Shey.
O acto celebrarase ás 20:00 h. Na sala de exposicións de Abanca (na rúa principal da Estrada), e nel podemos ter ocasión de escoitar unha gravación inédita do propio Ben Cho Shey recitando poemas de autores do seu tempo.

Desculpen que non celebremos*

por Mercedes Queixas, no Sermos Galiza:

Ao tempo que algúns medios de comunicación informaban dos recentes resultados da evolución do coñecemento e uso do galego entre os anos 2001 e 2011 analizados polo Instituto Galego de Estatística, organización gobernamental dependente da Xunta de Galiza, recibimos a valoración positiva destes por parte da Consellaría de Cultura e Educación.

luns, 20 de outubro de 2014

Xosé Rodríguez, o matemático de Bermés

Webs
Xosé Rodríguez González, na Galipedia
Rúa Matemático Rodríguez, 2002, por Carlos Varela en Edugaliza.org
José Rodríguez González, 2012, por Margarita Barral Martínez no Álbum da Ciencia
Xosé Rodríguez González, na páxina de Fillos Ilustres do Concello de Lalín

Prensa
José Rodríguez González. O matemático de Bermés, 27/05/12, por Benito García Carril no Faro de Vigo
José Rodríguez, ´O matemático de Bermés´, 30/06/2013, por Antonio Vidal Neira no Faro de Vigo
O Matemático de Bermés visto por Ramón Aller,05/10/14, por Celia Rodríguez no Faro de Vigo


Blogues:
José Rodríguez González. O matemático de Bermés., 12/07/12, no blogue Fillos ilustres de Lalín
D. José Rodríguez González (o matemático de Bermés), 09/08/2014, no blogue A biblioteca de Ánxel Casal

Documentos:
José Rodríguez González: un Erasmus galego noa albores do século do progreso, 2007, por Mercedes Sampayo Yáñez, do IES Eusebio da Guarda, Revista Gamma nº 7
El matemático José Rodríguez y la Universidad, por María Ángela Varela Varela, consultar PDF
A estadía de José Rodríguez González en Alemaña (1815-1817). Tradución dunha publicación súa,2011, por Iván Fernández Pérez na Revista Galega das Ciencias vol. XXX

Está na nosa man existir

por Nel Vidal en La Voz de Galicia:

Coñecemos estes días datos sobre o uso habitual da lingua galega, feitos públicos polo Instituto Galego de Estatística (IGE) a partir do Censo de 2011. Aínda que hai que ter prudencia coas cifras, pois non son dun estudo sociolingüístico con análises e correccións, senón a resposta directa da xente a unha pregunta, hai dúas grandes conclusións xerais: que en dez anos baixou considerablemente (-14 puntos) o uso habitual do galego no conxunto do país, do 57 % da poboación en 2001 ao 43 % en 2011; e que a zona onde se mantén un maior uso do galego espontáneo é a Costa da Morte, Terra de Soneira e Bergantiños.

domingo, 19 de outubro de 2014

venres, 17 de outubro de 2014

Precisamos a lingua

por Xoán Carlos Domínguez Alberte, no Sermos Galiza:


No anterior informe emitido o Consello de Europa criticaba duramente a política lingüística da Xunta de Galiza, en virtude do seguimento do (in)cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.

martes, 14 de outubro de 2014

Chiando e rechouchiando



No seu día xa se comentara neste mesmo blogue o proceso do nacemento do twitter en galego. Agora atopamos esta reportaxe sobre o twitter en galego na que entrevistan ao seu promotor, Carlos García Vieito.
Aproveitando a ocasión recollo unha anotación do Portal das Palabras sobre o termo rechiar (rechío, rechiado) no que se destaca que segundo o Dicionario da RAG é 'producir ao rozar un son áspero e desagradable', un significado sen relación semántica co cantar dos paxaros. Porén desde hai ben pouco, seguramente con posterioridade ao artigo do Portal das Palabras, si que aparece rechouchiar (e consecuentemente rechouchío, rechouchiado) como 'Compartir [un chío alleo] na rede social Twitter'. Penso que non sería mala idea recoller esta aportación terminolóxica para trasladala á rede social.

A posição galega no contexto da língua portuguesa

por Ângelo Cristóvão no Praza:


A recente aprovação da lei 1/2014 de 24 de março, Lei Para o Aproveitamento da Língua Portuguesa e Vínculos com a Lusofonia, ou Lei Paz-Andrade, pela unanimidade dos deputados do Parlamento Autónomo da Galiza, representa uma mudança significativa na orientação da política linguística e na estratégia global da Comunidade Autónoma galega, que precisa de concretização através de ações do governo e da imprescindível colaboração da sociedade.

luns, 13 de outubro de 2014

Discurso do Premio de Creación Literaria, X. M. Lema

por Xosé Mª Lema, nas voces de Prolingua:

En primeiro lugar, o meu agradecemento ó xurado pola súa escolla e a miña solidariedade cos finalistas, pois sei, por experiencia, a decepción que se sofre cando un chega ó remate superando todos os atrancos e despois o trofeo o leva outro. Teño experiencia nisto, e non só por esta novela; mirando esta estatuíña de Martín Codax que teño agora nas mans venme á memoria que no ano 1993 ou 1994 tamén fora último finalista deste mesmo Premio da Crítica, neste caso de Investigación, coa obra A Arte Relixiosa na Terra de Soneira, pero o galardón acabouno levando outra persoa. Tamén agradezo a Edicións Xerais, que se atreveu a publicar unha novela tan longa (máis de 600 pp), sen resultar premiada na edición de 2011 (na que , como se sabe, fora finalista).

venres, 10 de outubro de 2014

Coidamos que a lingua galega non goza de boa saúde

Foi noticia no Sermos Galiza e na Praza Pública. 70 alumnos da Facultade de Ciencias da Educación asinaron na Casa da Matanza a seguinte carta aberta na que fan refencia ao que posiblemente foi o activador desta reacción: o artigo triunfante e mentireiro que o secretario xeral de política lingüística publicou facendo referencia a un Plan Xeral de Normalización que di apoiar aínda que pola contra destacou del que sempre careceu de natureza normativa.
Velaquí a declaración destes 70 fachos que alumean o futuro da lingua:

COIDAMOS QUE A LINGUA GALEGA NON GOZA DE BOA SAÚDE
Ilustre Sr. Presidente da Xunta de Galicia / Ilustre Sra. Presidenta do Parlamento de Galicia
Ilustre Sr. Conselleiro de Cultura e Educación / Ilustre Sr. Presidente do Consello da Cultura Galega
Ilustre Sr. Presidente da Real Academia Galega/ Ilustre Sr. Reitor da USC
Ilustres Presidentes dos Grupos Parlamentarios PPdeG, PSdeG, AGE e BNG
Quen abaixo asinamos somos estudantes que acabamos de acceder ás aulas da Universidade de Santiago e aos estudos de primeiro curso da Titulación de Educación Social; procedemos de diversos lugares urbanos, vilegos e rurais da xeografía de Galicia, xunto a algúns doutras procedencias.
Na materia “Educación e Sociedade en Galicia” o noso profesor, logo dunha moi breve presentación, invitounos a responder por escrito a un cuestionario aberto sobre a sociedade galega, tanto de descrición dos seus trazos básicos socio-económicos e culturais, como de observación dalgunhas das súas dinámicas sociais. Case 70 alumnas e alumnos respondemos por escrito ás once cuestións demandadas.

ProLingua excluída polo Comité de Expertos da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias

Comunicado de Prolingua:


1º. A Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias é un tratado internacional, promovido polo Consello de Europa que entrou en vigor en España o 1 de agosto do 2001, despois de que o 1 de abril dese mesmo ano o asinara o presidente do goberno José María Aznar. Ao ser un tratado internacional asinado e posteriormente ratificado por España, forma parte do ordenamento xurídico español, e por iso pasou a ser unha norma de obrigado cumprimento para todas as administracións do Estado.

xoves, 9 de outubro de 2014

Ollos de aula.16

Nótase que comenzou o outono. Velaquí o primeiro número do curso da revista da Coordenadora para as familias