Entre o 2 e o 13 de maio celebrarase a festa da lingua chamada Correlingua. 45.000 rapaces de 15 concellosparticiparán ano na actividade.
Correlingua está organizado pola CIG-Ensino, a AS-PG e a Mesa e conta coa colaboración dos concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo e do resto dos concellos nos que se celebra a actividade así como das deputacións da Coruña, Lugo e Ourense.
Resulta realmente significativo que a SXPL non colabore con Correlingua. Segundo Anxo Lorenzo é porque "iniciativas a favor da lingua galega hai moitas", pero que o seu departamento "non pode estar presente en todas". Claro que Correlingua non é unha iniciativa calquera pois mobiliza a unha gran cantidade de persoas por toda a xeografía galega. Se Anxo Lorenzo dixera a verdade tería que responder que a súa falta de apoio débese exclusivamente a criterios políticos e que realmente non lles interesa apoiar a normalización pois a liña de actuación que mantén a SXPL consiste en tres puntos: o autobombo, en procurar que non se avance nin un chanzo na extensión do galego e a xustificación de todos os pasos institucionais dados na súa redución.
Vídeo de presentación do Correlingua 2011 onde se lles dá o premio aos gañadores do premio ao concurso de vídeo, que nesta ocasión foi para o IES Fontem Albei da Fonsagrada e o premio do concurso de banda deseñada, os alumnos de 6º do CEIP San Martiño de Pontevedra.
Os gañadores do concurso do manifesto foron os alumnos do CPI de Pontecesures.
Aquí deixo o vídeo do IES da Fonsagrada: "eu falo galego porque....". Moitas respostas que poderían pasar a formar parte do caixón habilitado pola CGENDL no que recollen as respostas á pregunta: e ti, por que o falas?
Ningún comentario:
Publicar un comentario