Non é a primeira vez que escapo do tema da lingua neste blogue, e se o fago é únicamente para falar precisamente deste blogue, en concreto do seu nome.
A 'Carta Xeométrica' foi elaborada polo matemático Domingo Fontán. Acabo de ver aquí e aquí unha nova aplicación informática que nola achega con moi boa resolución, trátase dos fondos cartográficos do IGN. Unha boa mostra disto é esta captura de pantalla que puxen aquí, na que aparece un anaquiño do mapa de Fontán, precisamente o da aldea da que el era natural: Porta do Conde, do concello pontevedrés de Portas, próximo a Caldas de Reis. Pódese comprobar que Fontán, lonxe de renegar das súas orixes, explicitou na súa mellor obra a reivindicación da autoría da Carta Xeométrica que lle levou dezasete anos da súa vida. Así, Fontán asina o traballo precisamente indicando que a aldea de Porta do Conde era a Patria do Autor.
Únicamente coa forza do sentimento da terra pode explicarse o enorme traballo que fixo Domingo Fontán pois el sen axuda foi quen de facer un mapa científico debuxando a face de Galicia cando na altura a única referencia que había era
Cada quen ten a súa patria, e o primeiro paso para non renegar dun mesmo é poñer os pés no chan e non renegar dela. E se hoxe padecemos o mal da galegofobia debemos procurar a súa orixe no desprezo e descoñecemento da nosa xeografía, pois aquel que non sinte a terra, non fai outra cousa que odiala en todas as súas formas.
Máis información sobre Domingo Fontán: Fundación Domingo Fontán, e Domingo Fontán, Domingo Fontán, matemático sublime (artigo en El País o 1/04/2011) Porta do Conde, capital da cartografía de Galicia (artigo en Lecer do 10/04/2011), Domingo Fontán na actualidade (artigo en Lecer do 11/04/2010),
Ningún comentario:
Publicar un comentario