Hai unhas semanas, celebrábase a tradución ao inglés dunha novela contemporánea galega, A praia dos afogados. En varios xornais, aproveitábase a boa nova para volver analizar o fenómeno Domingo Villar, escritor galego capaz de converter en best-seller as súas dúas primeiras novelas. Disque foron elaboradas orixinalmente en castelán; seica parte do milagre se debe a un axente literario barcelonés de nome impronunciábel. Tanto ten que o tal Schavelzon presente a novela como produto español traducido a varias linguas, entre elas o galego. Dende o meu punto de vista, o principal mérito delas é que demostran que unha obra de narrativa galega se pode vender estupendamente en Galicia.
Confeso que non lin A praia dos afogados. E non o fixen pola decepción que me produciu Ollos de auga, unha novela que, pola sinxeleza de fondo e forma, mellor estaría catalogada entre as de narrativa xuvenil, dito isto sen ningún tipo de menosprezo, naturalmente. Lin Ollos de auga persuadido pola súa contumaz presenza en todo canto directorio, ranking, sección ou curruncho haxa no país dedicado a literatura. E así, coa leda expectativa da primeira páxina, abrín o libro disposto a gozar con aquela novela negra de suspense e humor intelixente; o que non sucedeu, francamente. Pero insisto que non importa demasiado; o transcendente é o éxito acadado.
Segundo cálculos do sector, en Galicia hai 500.000 lectores de literatura galega. Se cada suposto lector mercase (e lese) un só título de literatura galega contemporánea ao ano, habería espazo para publicaren 500 novelas, algo así como a metade do que se edita de literatura catalá. Digo máis, se cada un dos 60.000 cidadáns que acudiron a manifestarse na defensa da lingua propia, mercase (e lese) un só título de literatura galega contemporánea ao ano, habería espazo para publicaren 60 novelas. Porén, os números reais están moi lonxe deses cálculos elementais. Cada ano, o sistema editorial galego publica arredor de 20 novelas de escritores contemporáneos en galego (aparte, as traducións). Consonte ao portal culturagalega.org, no que levamos de 2011, publicáronse unicamente tres: O bebedor de rakia, de Xesús Manuel Marcos por Xerais, Collage, de Esther F. Carrodeguas, por Barbantesa, eDeus xogando aos dados, de Fernando Méndez, por Sotelo Blanco. Ademais da cifra liliputiense, sorprende que Galaxia non presentase ningún título de literatura propia, tan só dúas traducións. A súa páxina web amosa como novidades dúas novelas galegas publicadas hai máis de seis meses.
Seica a narrativa galega sofre do mesmo mal que tantas outras actividades no País: o de non saber vender. Falar, como falan algúns, de que a nosa literatura está a vivir un momento esplendoroso é tanto como afirmar que o Goberno Feixóo está defendendo a morte a cultura e o idioma propios. Quizais deberiamos aprender de Villar e tentar replicar o que moitos outros levan feito dende que apareceu isto que se dá en chamar sistema literario.

Ningún comentario:
Publicar un comentario