Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado, 30 de abril de 2011

Astronomía en galego

O pasado día 26 a Real Academia Galega celebrou un acto de homenaxe a Don Ramón María Aller como protagonista do Día do Científico Galego. Eu estou seguro de que a mellor homenaxe que se lle podería facer é a aportación que desde o día anteior está a facer o foro de astroGalicia publicando a versión en galego da Astronomy Picture of the Day da NASA .
Esta foto é a primeira da etapa en galego, trátase da nebulosa Trompa de Elefante
Aproveito a ocasión para deixar unha ligazón aquí á dereita a esta nova achega á normalización no ámbito da ciencia.
Vía ProLingua.

1 comentario:

  1. Todos esperamos que a traducción sexa millor que a da versión en castelán, que é espantosa (e mira que lle teño mandado mensaxen para axudar a millorarla... tanto da... ao final prefería ler a inglesa...).

    ResponderEliminar