Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







sábado, 2 de abril de 2011

E ti, por que o falas?

Esta é a cuestión que propoñen como resposta aos que nos prenguntan por que falamos en galego. Trátase dunha nova campaña da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, CGENDL, que volve a ser un novo acerto. Trátase de que inicidir no fundamental: facernos ver o prexuízos lingüísticos para crearmos un coiro contra eles. Con este fin abriron unha nova sección no seu web cunha chea de recursos didácticos, experiencias,  unha pegatina da man do debuxante Fran Bueno e unha bolsa de recepción de respostas á cuestión: e ti, por que falas o falas?
A escolla dos materiais didácticos é impresionante. Na CGENDL fixeron unha escolma dos mellores recursos da arañeira da rede que de por si merece ser unha visita obrigatoria para todo aquel que poña algunha vez un pé no asunto da normalización.

E a anirmarse a participar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario